Mandos policiais actúan á marxe da lei contra políticos cataláns. El País acusa estes axentes de difundir acusacións sen probas para prexudicar os soberanistas.
Mandos policiais actúan á marxe da lei contra políticos cataláns. El País acusa estes axentes de difundir acusacións sen probas para prexudicar os soberanistas.
Os Irmáns Musulmáns anuncian a vitoria do 'si' no referendo de Exipto. Os islamitas cifran a vitoria nun 64% dos votos.
Zapatero cre que "a vía emprendida por Mas é unha viaxe a ningures". Así o asegura o ex presidente do Goberno nunha entrevista en La Razón, na que recoñece que faría "algunhas cousas doutra maneira" durante a súa estancia no poder.
O Obradoiro cae con claridade ante o Bilbao Bizkaia (81-70) nun partido no que sempre foi por detrás no marcador.
Os zapatistas volven á escea pública con marchas multitudinarias e amósanlle a súa forza ao novo presidente de México.
O Lugo volve gañar, desta vez en Sabadell (0-1) grazas a un gol de Óscar Díaz. José Juan parou un penalti para o equipo lucense, que se sitúa no medio da táboa con 26 puntos. Na Segunda B, o Ourense gañou 3-1 ao Zamora e o Coruxo caeu goleado (4-1) en Fuenlabrada.
O neno Xesús desaparece do belén do Obradoiro para protestar contra os desafiuzamentos. O colectivo Fartas enviou un comunicado a Stop Desahucios en Compostela para reivindicar a acción reivindicativa. Imaxe de @gemafilgueira.
Preséntase Eusko Ekintza, novo partido da esquerda abertzale á marxe de Sortu. Está formado por antigos membros de EA e da antiga Batasuna, tal e como conta Público.
Garzón abre a porta a un futuro en política con Llamazares. O ex maxistrado da Audiencia Nacional non descarta unirse ao proxecto de Izquierda Abierta.
O risco da pobreza alcanzou o 22% dos españois. Sitúase así nos niveis máis altos desde 1995, segundo os últimos datos do Informe de Sustentabilidade en España.