Preséntase Eusko Ekintza, novo partido da esquerda abertzale á marxe de Sortu. Está formado por antigos membros de EA e da antiga Batasuna, tal e como conta Público.
Fálase
Garzón abre a porta a un futuro en política con Llamazares. O ex maxistrado da Audiencia Nacional non descarta unirse ao proxecto de Izquierda Abierta.
O risco da pobreza alcanzou o 22% dos españois. Sitúase así nos niveis máis altos desde 1995, segundo os últimos datos do Informe de Sustentabilidade en España.
Parte do Gordo do Sorteo de Nadal cae en Galicia. A Coruña, Lugo, Meira ou Carballo son as localidades agraciadas co 76058. Un cuarto premio (85045), vendido integramente en Pontevedra.
Rajoy asegura que España seguirá en Afganistán despois de 2014. Así o asegurou tras entrevistarse co presidente afgano, Hamid Karzai.
Xaime Subiela gaña o premio Ramón Piñeiro de Ensaio coa súa obra Para que nos serve Galiza? A obra premiada propón unha análise dos retos que afronta o país "en torno á idea de buscar alternativas colectivas conciliadoras arredor do concepto integrador de nación; cunha visión optimista de futuro".
Un home mata a súa parella en Ferrol e despois suicidase en Fene, onde os dous vivian. O home tivera unha orde de afastamento por ameazas entre 2006 e 2008. Algunhas fontes apuntan que a parella se volvera xuntar hai un tempo despois daquela primeira separación.
O discurso da CUP arranca o aplauso mesmo de CiU. David Fernàndez propuxo meter na cadea os causantes da crise e o seu discurso "de man aberta pola autodeterminación e puño pechado contra os recortes" foi recoñecido ata por Durán i Lleida en twitter.
Novagalicia Banco perde 1.874 millóns de euros até setembro. Así o vén de informar a Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA)
O Goberno subirá o salario mínimo un 0,6% e elevarao aos 645,30 euros desde xaneiro. Os sindicatos rexeitan este escaso incremento do SMI.