Novagalicia Banco perde 1.874 millóns de euros até setembro. Así o vén de informar a Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA)
Fálase
O Goberno subirá o salario mínimo un 0,6% e elevarao aos 645,30 euros desde xaneiro. Os sindicatos rexeitan este escaso incremento do SMI.
Os salario dos empregados públicos galegos descenderá un 4% en 2013. A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, vén de facer público que os funcionarios verán recortadas o ano que vén as súas dúas pagas extraordinarias nun 40%. Toda a información nuns minutos en Praza.
Vén de iniciarse un peche no edificio da Escola Galega de Administración Pública, onde se celebra a reunión entre os sindicatos e o director xeral de Función Pública, José María Barreiro Díaz, para coñecer o recorte salarial que aplicará la Xunta en 2013. Ao redor de 200 traballadores concentráranse ás portas coincidindo co comezo da xuntanza ás 13.30 horas.
O Consello da Avogacía Galega, reunido en pleno no día de hoxe, decidiu por maioría considerar persoa non grata ao Ministro Alberto Ruíz Gallardón
Tres concelleiros do PP de Pontevedra -José Manuel Guillán, Celia Soto e Begoña Laya- presentarán a súa dimisión por discrepancias co voceiro municipal Jacobo Moreira
O xuíz imputa a Ramoncín polo caso da SGAE. Cítao baseándose nun informe da Garda Civil, segundo El Diario.
233grados selecciona dez portadas da prensa impresa que macaron o ano 2012
O Padroado do MARCO decidirá esta tarde que consecuencias ten o recorte orzamentario no museo para o 2013.
Andalucía volverá pedir o rescate autonómico en 2013. Desta vez, solicitará uns 7.000 millóns ao Fondo de Liquidez Autonómica, segundo adianta a Cadena Ser.