Durante o partido que o enfrontou ao Deportivo esta tarde, os afeccionados do Rayo amosaron faixas pedindo a dimisión da delegada do Goberno, Cristina Cifuentes
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/50706c0448ac5-a4iwdhbcyaaazo4.jpg)
Durante o partido que o enfrontou ao Deportivo esta tarde, os afeccionados do Rayo amosaron faixas pedindo a dimisión da delegada do Goberno, Cristina Cifuentes
Comeza nestes momentos o mitin de AGE en Teo coa participación do alcalde Martiño Noriega e de Xosé Manuel Beiras. Pódese seguir en directo nesta ligazón.
Rajoy enche a praza de touros de Pontevedra nun mitin no que vén de asegurar que "votar a Feijoo é votar pola unidade de todos os españois". Máis información esta tarde en Praza
O Dépor cae en Vallecas 2-1 e achégase aos postos de descenso. Piti e Delibasic marcaron primeiro para o Rayo pero Pizzi acortou diferenzas de penalti antes do descanso.
Jorquera pide un "concerto económico" para que os recursos galegos "non emigren" e "plantarlles cara aos recortes". Afirmou en Vigo que Galicia recada "3.000 millóns máis ao ano" do que recibe do Estado central.
O 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico
Un sindicato policial leva aos tribunais a tres deputados de Izquierda Unida por "inxurias". Os parlamentarios criticaron a actitude dos antidisturbios nas mobilizacións do 25-S en Madrid, en torno ao Congreso dos Deputados.
As imaxes da carga policial contra os traballadores do naval en Ferrol percorren toda España.
O presidente de la patronal catalá Foment del Treball, Joaquim Gay de Montellà, cuestiona o momento para iniciar o proceso soberanista e pide que se reanude a negociación sobre o Pacto Fiscal
Morre Luis Gómez Llorente, o histórico socialista que se enfrontou a Felipe González no congreso de 1979 pedindo que o PSOE mantivese a súa ideoloxia marxista.