O alcalde do Valadouro, o popular José Manuel Lamela, non supera unha moción de confianza. PSOE, Udival e BNG teñen un mes para poñerse de acordo e escoller un novo alcalde
Fálase
Un xulgado abre dilixencias penais contra Francisco Vázquez pola súa xestión en Someso. O xuíz investiga o desenvolvemento urbanístico do recinto feiral a raíz da denuncia interposta por un ex concelleiro do PSOE
O FROB asegura que a arbitraxe en NCG está "próxima" a rematar. O Fondo asegurara que a metade dos afectados podería acudir á mediación
Luis de Guindos dá por perdida a batalla contra Montoro e amosa a súa disposición a deixar o Goberno canto antes. Segundo Vozpopuli, o ministro de Economia deixaria o cargo despois do verán.
Pachi Vázquez tenta aprazar as primarias do PSdeG para despois do verán para evitar o choque con Ferraz, segundo publica infolibre.es. A proposta debe aprobala o Comité Nacional, que se reúne este venres.
TVE admite que cancelou unha entrevista a Ada Colau polo seu "perfil político". A portavoz da PAH denuncia a cancelación dunha entrevista no programa Para todos La 2.
Os socialistas valencianos tamén piden primarias para escoller o seu líder. Recollen a proposta nun documento que enviarán a Ferraz este sábado
O PPdeG espera aprobar este ano a redución de deputados do Parlamento galego. PSdeG, AGE e BNG opóñense firmemente por "mermar a representatividade parlamentaria" e por supor "unha cortina de fume" para tapar "o escándalo das fotos con Marcial Dorado".
O Consello de Estado pide que non desapareza Educación para a Cidadanía. Aposta por impoñela como obrigatoria "nalgún momento" para garantir a aprendizaxe de valores democráticos
Beiras acusa a Feijóo de tratar a oposición "como os nazis aos xudeus". Nunha entrevista en laSexta, o voceiro da AGE considerou "indigno" o papel de Feijóo no episodio das fotos co narco Marcial Dorado e explica que o increpou no seu escano despois de que o presidente "atacase" os demais grupos.