Beiras acusa a Feijóo de tratar a oposición "como os nazis aos xudeus". Nunha entrevista en laSexta, o voceiro da AGE considerou "indigno" o papel de Feijóo no episodio das fotos co narco Marcial Dorado e explica que o increpou no seu escano despois de que o presidente "atacase" os demais grupos.
