TVE censura a Ada Colau, segundo ela mesma denunciou no Parlamento Europeo.
Fálase
Economistas Frente a la Crisis escriben sobre "o escándalo dos erros económicos sen rectificación" ao fío das equivocacións de Reinhart e Rogoff sobre o peso da débeda pública nas perspectivas de crecemento económico.
Unha homenaxe destaca a figura do padre Feijoo no Dia do Científico Galego. A data foi escollida por ser o dia no que o BOE publicou a constitución oficial da Real Academia Galega de Ciencias hai 36 anos.
Un estudo asegura que o de xornalista é o peor traballo do mundo entre un total de 200 profesións analizadas. Baixos salarios, horarios extensos, baixa demanda e elevada incerteza están entre as causas.
#Feijoo convértese en trending topic estatal despois da discusión xerada no Parlamento na sesión de control na que o presidente da Xunta debia explicar as súas fotos co narco Marcial Dorado
O presidente do Supremo coida que os escraches son "un exemplo da liberdade de manifestación". Gonzalo Moliner salienta que estas protestas non son "violentas". Recólleo Público.es
O PP carga contra Beiras en Twitter. Tras o acontecido na sesión de control achácalle "violencia e agresividade". A súa vicevoceira, Marta Rodríguez, vén de pedirlle a "dimisión", en declaracións á prensa nos corredores do Parlamento.
Baltar presenta recurso contra o seu auto de imputación. Considera os contratos "unha irregularidade" e non un delito.
Unha delegación da Asociación Ponte…nas ondas! participa en Reykjavík os días 24, 25 e 26 de abril no Congreso Internacional “Minorías Culturais na Literatura infantil e Cultura oral”
Comeza a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol cun berro "contra a usura". O acto inaugural será na praza de Armas a partir das 18.30 horas. Pola noite intervirán Felipe Zapico, Manolo Bacalhau, Sechu Sende, Karlotti e Guillermo Ferrández, entre outros