A delegación do Goberno central en Madrid multa unha xornalista de Catalunya Ràdio por "desobediencia" cando cubría o caso Pujol na Audiencia Nacional. Faino en aplicación da 'lei mordaza'. Cóntao Vilaweb
Fálase
Diversas institucións celebran este sábado o Día dos Museos. Na imaxe, o cartel das actividades na Coruña.
O 75,57% da militancia de Anova aproba a participación en En Marea nas eleccións do 26 de xuño, independentemente da fórmula xurídica escollida. De feito, na consulta celebrada entre onte e hoxe (cunha participación récord do 68%) o 79,9% apostou polo partido instrumental, fronte a un 14,5% que optou pola coalición.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia lanza un vídeo en defensa da auga como "ben común" e denunciando os cortes de subministro que persoas con problemas económicos están sufrindo en Vigo. Na cidade a xestión correspoande a Aqualia, propiedade de FCC
VÍDEO Os xogadores da selección galega apelan ao apoio da afección e confían na vitoria ante Venezuela tras o adestramento en Riazor.
A membro da lista do PSOE de Santiago que agora se integra en Podemos comprométese a renunciar á acta de concelleira. Recólleo La Voz
O xuíz tomba a prohibición gobernamental de exhibir bandeiras independentistas catalás na final da Copa do Rei de fútbol, que se celebra este domingo en Madrid.
O PSdeG proclama formalmente a José Luis Méndez Romeu e Xoaquín Fernández Leiceaga como candidatos ás primarias pola candidatura á Presidencia da Xunta. Este venres comeza a campaña interna, que durará ata o día 27, e o 28 realizaranse as votacións.
VÍDEO | Un edil do PP en Vigo atribúe a Guerra Civil á "confrontación social" e censura que "as cámaras" amosen a exhumación de persoas asasinadas no franquismo. O tamén presidente das Novas Xeracións do PPdeG, Diego Gago, afirmouno durante un debate de representantes de organizacións políticas xuvenís en V Televisión. As Xuventudes Socialistas reclamaron este xoves a súa dimisión por estas declaracións.
Francia confirma que o avión de EgyptAir desaparecido esta mañá con 66 persoas a bordo se esnafrou. A investigación do sucedido segue aberta, segundo informou Hollande.