#YPF Antonio Brufau, presidente de Repsol, di que Arxentina debe "realizar unha OPA" e acúsaa de "realizar un acto ilexítimo e inxustificable e de flitracións interesadas para provocar a caída do prezo das accións de YPF e facilitar a expropiación a prezo de saldo". Pide A súa intervención, aquí.
Fálase
Vilaweb lembra que "Fraga xa cazaba elefantes", como revelou no documental Memòria Negra, de Xavier Montanyà
En Arxentina, as portadas son de moi distinto signo que as españolas. Apoian a expropiación do 51% de YPF e salientan a "presión" de España
A prensa conservadora española fala de "Expolio" (ABC) ou de "La guerra sucia de Kirchner" (La Razón) en relación coa expropiación de Repsol-YPF realizada polo Goberno arxentino.
Este martes celébrase o xuízo contra tres sindicalistas vigueses, para os que o fiscal solicita catro anos de prisión polos incidentes que tiveron lugar na folga do metal de 2009. Están acusados o responsable do metal de Comisións Obreiras, Ramón Sarmiento, o secretario de Negociación Colectiva da CIG, Antolín Alcántara e a ex xefa de prensa destes sindicato en Vigo. A CIG convocou unha concentración diante dos xulgados.
O perdón da multa de tres millóns a Construcuatro, empresa propiedade de Telmo Martín, aínda non é firme. O TSXG admitiu a trámite un recurso contencioso-administrativo do colectivo Salvemos Pontevedra contra ese acuerdo
O Pulitzer xa ten gañadores. The Philadelphia Inquirer fíxose co premio na categoría de servizo público pola súa cobertura da violencia nas escolas.
IU ve unha "vergonza" que o Goberno defenda a Repsol. Alberto Garzón asegura que a expropiación de YPF non é un "ataque a España" senón a unha entidade privada "de distintas nacionalidades"
O xeneral e antigo xefe das Forzas Armadas de Timor-Leste, Taur Matan Ruak, elixido novo presidente, derrotando nas segunda volta das eleccións presidenciais a Francisco Guterres Lu Olo
Comparecen o ministro de Exteriores -García-Margallo-, o de Industria -José Manuel Soria- e o secretario de Estado de Comercio para informar das medidas que o Goberno adoptará con respecto a Arxentina, despois da nacionalización de Repsol. Margallo afirma que xa pediu que se trate a cuestión por vía de urxencia no pleno de Estrasburgo e Soria di que é unha "acción hostil" e que "desde esta tarde o Goberno de España está traballando en medidas de resposta que se darán a coñecer nos próximos días".