O Pulitzer xa ten gañadores. The Philadelphia Inquirer fíxose co premio na categoría de servizo público pola súa cobertura da violencia nas escolas.
Fálase
IU ve unha "vergonza" que o Goberno defenda a Repsol. Alberto Garzón asegura que a expropiación de YPF non é un "ataque a España" senón a unha entidade privada "de distintas nacionalidades"
O xeneral e antigo xefe das Forzas Armadas de Timor-Leste, Taur Matan Ruak, elixido novo presidente, derrotando nas segunda volta das eleccións presidenciais a Francisco Guterres Lu Olo
Comparecen o ministro de Exteriores -García-Margallo-, o de Industria -José Manuel Soria- e o secretario de Estado de Comercio para informar das medidas que o Goberno adoptará con respecto a Arxentina, despois da nacionalización de Repsol. Margallo afirma que xa pediu que se trate a cuestión por vía de urxencia no pleno de Estrasburgo e Soria di que é unha "acción hostil" e que "desde esta tarde o Goberno de España está traballando en medidas de resposta que se darán a coñecer nos próximos días".
Lembrade que podedes incluír no Firefox un add-on coa última versión do diccionario da RAG, o VOLG e unha compilación de recursos terminográficos do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
O colectivo Galicia Mellor sen Touradas, acompañado do concelleiro de Esquerda Unida na cidade, César Santiso, entregou hoxe máis de 15.500 sinaturas no Concello da Coruña solicitando a supresión da cuantiosa subvención municipal que reciben as corridas de touros que se celebran no verán.
#YPF A Comisión Europea advirte a Arxentina que a nacionalización de YPF "traerá consecuencias" e que, de confirmarse, enviará un sinal "moi negativo" aos investidores.
#YPF. Rajoy viaxa a Iberoamérica na busca de aliados e as accións de YPF caen un 19% en Wall Street.
O PP crea as 'Becas Manuel Fraga'. A través da súa organización de mocidade, outorgarán bolsas "a mozos con inquedanzas políticas" para "coñecer as institucións oficiais de España" e o propio PP.
Arxentina nacionaliza YPF. "Se a dirección é levada por arxentinos, non debemos ter prexuízos; ese 51% só será manexado polo Estado, asegurando que imos ter recursos e que vai ser rendible", di Cristina Kirchner.