Arxentina nacionaliza YPF. "Se a dirección é levada por arxentinos, non debemos ter prexuízos; ese 51% só será manexado polo Estado, asegurando que imos ter recursos e que vai ser rendible", di Cristina Kirchner.
Fálase
Arxentina nacionaliza YPF. "Somos o único país de América e case do mundo que non manexa os seus recursos naturais, pero houbo motivos máis fortes para tomar esta decisión", di Cristina Kirchner. A súa comparecencia, en directo aquí.
O presidente da Xunta, a México. O Goberno galego vén de anunciar que esta mesma noite Feijóo se incorpora á delegación de Rajoy e protagonizará diversos actos con autoridades e empresarios mexicanos. Sen especificar a duración, sinala que Alfonso Rueda asume o despacho dos asuntos da Presidencia ata a volta do xefe do Executivo.
Arxentina nacionaliza YPF. Cospedal advirte que o Goberno "dará cumprida resposta á expropiación" anunciada por Cristina Kirchner.
Arxentina nacionaliza YPF. Das accións expropiadas, o 51% estará controlado polo Estado e o 49% polas provincias. A presidenta Cristina Kirchner xustificou a decisión porque, de non adoptala, o país "sería inviable polas políticas empresariais e non pola falta de recursos".
Arxentina nacionaliza YPF alegando que os hidrocarburos son de interese nacional. O Goberno de Cristina Kirchner declara "de utilidade pública e suxeito a expropiación" o 51% do capital da compañía.
As desigualdades salariais aumentaron nos últimos 25 anos en España.
A Internacional de Partidos Piratas, incluídos o Partido Pirata de España e Pirates de Catalunya, acorda en Praga crear una formación europea.
Mañá comeza a XIV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo. E o venres fíxoo a Mostra de Teatro Universitario de Ourense, como deu conta O Galiñeiro, blog de teatro de Praza.
A folla de eucalipto pon en perigo os ecosistemas dos regatos galegos, segundo unha tese que vén de presentar Liliana García Lago na Universidade de Vigo.