Arxentina nacionaliza YPF. Cospedal advirte que o Goberno "dará cumprida resposta á expropiación" anunciada por Cristina Kirchner.
Fálase
Arxentina nacionaliza YPF. Das accións expropiadas, o 51% estará controlado polo Estado e o 49% polas provincias. A presidenta Cristina Kirchner xustificou a decisión porque, de non adoptala, o país "sería inviable polas políticas empresariais e non pola falta de recursos".
Arxentina nacionaliza YPF alegando que os hidrocarburos son de interese nacional. O Goberno de Cristina Kirchner declara "de utilidade pública e suxeito a expropiación" o 51% do capital da compañía.
As desigualdades salariais aumentaron nos últimos 25 anos en España.
A Internacional de Partidos Piratas, incluídos o Partido Pirata de España e Pirates de Catalunya, acorda en Praga crear una formación europea.
Mañá comeza a XIV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo. E o venres fíxoo a Mostra de Teatro Universitario de Ourense, como deu conta O Galiñeiro, blog de teatro de Praza.
A folla de eucalipto pon en perigo os ecosistemas dos regatos galegos, segundo unha tese que vén de presentar Liliana García Lago na Universidade de Vigo.
Wert propón ás autonomías elevar ata un 20% o ratio de alumnos por aula en primaria e secundaria. O ministro de Educación ve esta opción como unha das medidas para facer fronte ao recorte de 3.000 millóns anunciado polo Goberno nese ámbito.
O pleno no que Gerardo Conde Roa será relevado como alcalde de Santiago celebrarase mañá ás 12:30 da mañá. Antes, ás 12:00, oficializará a súa renuncia.
Islandia convértese na envexa de Europa, di Cinco Días. As previsións do FMI indican que o país crecerá un 2,4% este ano. O FMI admite que "a combinación ecléctica de políticas foi eficaz"