O pleno no que Gerardo Conde Roa será relevado como alcalde de Santiago celebrarase mañá ás 12:30 da mañá. Antes, ás 12:00, oficializará a súa renuncia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f8c1bf2d49f1-2012-04-1612.15.08.jpg)
O pleno no que Gerardo Conde Roa será relevado como alcalde de Santiago celebrarase mañá ás 12:30 da mañá. Antes, ás 12:00, oficializará a súa renuncia.
Islandia convértese na envexa de Europa, di Cinco Días. As previsións do FMI indican que o país crecerá un 2,4% este ano. O FMI admite que "a combinación ecléctica de políticas foi eficaz"
Leo Bassi agarda no Obradoiro a saída de Conde Roa do Concello de Santiago
Rajoy di que ninguén "dentro ou fóra do país" debe dubidar do compromiso de España co euro. O presidente do Goberno di que a súa aposta é "a da estabilidade e as reformas en todos os niveis da administración".
Case 2.000 galegos emigraron no primeiro trimestre do ano, segundo datos do INE. En total, 1.839 persoas marcharon de Galicia, á vez que 1.433 estranxeiros abandonaron o país.
Sánchez Bugallo cre que a dimisión de Conde Roa evita "o descrédito" do Concello e ao igual que Rubén Cela repróchalle ao PP que "ocultase" a situación do alcalde durante a campaña electoral
Rubén Cela ve na dimisión de Conde Roa unha "operación cosmética motivada pola proximidade das eleccións autonómicas" e sinala que xa "estaba inhabilitado moralmente" para administrar fondos públicos.
Dimite Conde Roa. O rexedor asegura que na reunión con Feijóo tratouse a sucesión, pero aclara que a decisión "libre" tomárona os edís. O seu substituto á fronte da alcaldía será Ángel Currás.
Dimite Conde Roa. O rexedor di que non recibiu "nin unha soa presión" para dimitir, malia manter onte unha reunión con Feijóo. Ademais, di que por ser Santiago a capital "hai que dar un nivel". "Noutras cidades pode existir un alcalde nestas circunstancias", asegura, ademais de desvincularse da elección do novo alcalde, e advertir que non vai "mandar dende a trastenda". "Se me retiro, retírome".
Dimite Conde Roa. O rexedor di deixar no Concello "un excelente equipo de goberno", do que gaba a súa "lealdade". Ademais, chama a "diferenciar" os seus "erros persoais" da administración municipal. Os feitos producíronse "cando non era alcalde". Conde Roa dimitirá como concelleiro cando se nomee o novo alcalde.