As desigualdades salariais aumentaron nos últimos 25 anos en España.
Fálase
A Internacional de Partidos Piratas, incluídos o Partido Pirata de España e Pirates de Catalunya, acorda en Praga crear una formación europea.
Mañá comeza a XIV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo. E o venres fíxoo a Mostra de Teatro Universitario de Ourense, como deu conta O Galiñeiro, blog de teatro de Praza.
A folla de eucalipto pon en perigo os ecosistemas dos regatos galegos, segundo unha tese que vén de presentar Liliana García Lago na Universidade de Vigo.
Wert propón ás autonomías elevar ata un 20% o ratio de alumnos por aula en primaria e secundaria. O ministro de Educación ve esta opción como unha das medidas para facer fronte ao recorte de 3.000 millóns anunciado polo Goberno nese ámbito.
O pleno no que Gerardo Conde Roa será relevado como alcalde de Santiago celebrarase mañá ás 12:30 da mañá. Antes, ás 12:00, oficializará a súa renuncia.
Islandia convértese na envexa de Europa, di Cinco Días. As previsións do FMI indican que o país crecerá un 2,4% este ano. O FMI admite que "a combinación ecléctica de políticas foi eficaz"
Leo Bassi agarda no Obradoiro a saída de Conde Roa do Concello de Santiago
Rajoy di que ninguén "dentro ou fóra do país" debe dubidar do compromiso de España co euro. O presidente do Goberno di que a súa aposta é "a da estabilidade e as reformas en todos os niveis da administración".
Case 2.000 galegos emigraron no primeiro trimestre do ano, segundo datos do INE. En total, 1.839 persoas marcharon de Galicia, á vez que 1.433 estranxeiros abandonaron o país.