Lembrade que podedes incluír no Firefox un add-on coa última versión do diccionario da RAG, o VOLG e unha compilación de recursos terminográficos do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
Fálase
O colectivo Galicia Mellor sen Touradas, acompañado do concelleiro de Esquerda Unida na cidade, César Santiso, entregou hoxe máis de 15.500 sinaturas no Concello da Coruña solicitando a supresión da cuantiosa subvención municipal que reciben as corridas de touros que se celebran no verán.
#YPF A Comisión Europea advirte a Arxentina que a nacionalización de YPF "traerá consecuencias" e que, de confirmarse, enviará un sinal "moi negativo" aos investidores.
#YPF. Rajoy viaxa a Iberoamérica na busca de aliados e as accións de YPF caen un 19% en Wall Street.
O PP crea as 'Becas Manuel Fraga'. A través da súa organización de mocidade, outorgarán bolsas "a mozos con inquedanzas políticas" para "coñecer as institucións oficiais de España" e o propio PP.
Arxentina nacionaliza YPF. "Se a dirección é levada por arxentinos, non debemos ter prexuízos; ese 51% só será manexado polo Estado, asegurando que imos ter recursos e que vai ser rendible", di Cristina Kirchner.
Arxentina nacionaliza YPF. "Somos o único país de América e case do mundo que non manexa os seus recursos naturais, pero houbo motivos máis fortes para tomar esta decisión", di Cristina Kirchner. A súa comparecencia, en directo aquí.
O presidente da Xunta, a México. O Goberno galego vén de anunciar que esta mesma noite Feijóo se incorpora á delegación de Rajoy e protagonizará diversos actos con autoridades e empresarios mexicanos. Sen especificar a duración, sinala que Alfonso Rueda asume o despacho dos asuntos da Presidencia ata a volta do xefe do Executivo.
Arxentina nacionaliza YPF. Cospedal advirte que o Goberno "dará cumprida resposta á expropiación" anunciada por Cristina Kirchner.
Arxentina nacionaliza YPF. Das accións expropiadas, o 51% estará controlado polo Estado e o 49% polas provincias. A presidenta Cristina Kirchner xustificou a decisión porque, de non adoptala, o país "sería inviable polas políticas empresariais e non pola falta de recursos".