Podemos apoiará as candidaturas da Marea Atlántica, na Coruña, e de Lugonovo, en Lugo, tras as votacións realizadas polas súas asembleas cidadás locais nos últimos días. A decisión adoptouse cunha ampla maoiría (78,7% na Coruña e 60,6% en Lugo). En Vigo e Ourense non se acadou o quorum mínimo esixido (tiña que votar cando menos o 10% dos inscritos), polo que a fórmula de participación nas municipais deberá ser decidida a través dunha nova Consulta Cidadá, pero desta vez de ámbito galego.
Fálase
Persoal de Povisa inicia unha folga de fame contra o despedimento de 13 compañeiros. A asemblea de traballadores apostou tamén por un calendario de mobilizacións.
Podemos presenta o seu programa en materia de economía e coidados. Pódese seguir ao vivo a través do seu streaming.
O pleno municipal de Lugo declara "persoa non grata" a conselleira de Sanidade pola falta no Hospital Lucus Augusti dos servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas, prometidos por Feijóo hai catro anos. A pasada semana a Deputación provincial aprobou a mesma declaración para Rocío Mosquera.
Audasa volve provocar retencións na AP-9, desta volta ao cobrarlles ás persoas atrapadas no bloqueo da autoestrada en Ordes por mor do accidente dun camión, segundo recolle a Radio Galega
Fernández Currás asegura que se "alegra" polos beneficios de Abanca, que xa superan o que pagou por mercar Novagalicia Banco. A secretaria de Estado, que como conselleira de Facenda avalou coa súa sinatura a fusión de Caixa Galicia e Caixanova, afirma que a calquera opción alternativa á venda sería "terrible". Asegurouno nun almorzo informativo en Santiago que recolle Europa Press
Un acto no Paraninfo da Universidade, en Compostela, lembrará este martes A derradeira lección de Otero Pedrayo, en conmemoración do seu discurso de despedida como catedrático da USC en marzo de 1958
Un estudo do profesor da UDC Xosé Manuel Carril sinala que os mariñeiros galegos que traballaron en Noruega e aos que o pais nórdico lles nega unha pensión teñen dereito legal a recibir ese pagamento.
Co comezo da semana iníciase unha nova serie de mobilizacións a prol dos servizos do HULA. Este mesmo luns está convocada unha concentración no centro hospitalario e unha moción para que o Concello reprobe a Rocío Mosquera e a Jaime Castiñeira
A Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, advirte ilegalidades no enlace da terceira ronda coa AP-9. Asegura que a tramitación do vial incumpre procedementos fixados na normativa de estradas e na normativa medioambiental.