O colectivo montenoso organiza este sábado no MARCO de Vigo o Encontro Comúns Situados, que busca difundir "os coñecementos locais sobre os comúns".
Fálase
Amnistía Internacional denuncia a "política de gatillo fácil contra civís palestinos en Cisxordania" por parte das forzas de seguridade israelís, que nos últimos tres anos mataron ducias de persoas desarmadas, menores incluídos, segundo un informe feito público este xoves.
O artista Eugenio Merino é xulgado hoxe pola denuncia da Fundación Francisco Franco, centrada en enxalzar a figura do ditador. Merino elaborou unha escultura paródica sobre Franco. A revista Mongolia está a retransmitir o xuízo a través de Twitter.
O alcalde de Sarria ataca as persoas contrarias ás obras no río da localidade, "que se cren intelectuais", e anuncia unha campaña "informativa" entre a veciñanza sobre o proxecto, "que se executará".
A veciñanza do barrio compostelán de Galeras, que rexeita a construción dun acceso a un parking privado por riba dun parque público, levou onte as súas reivindicacións ao pleno do Concello e hoxe vaillas trasladar ao Valedor do Pobo.
Marcial Dorado será xulgado a partir de maio acusado de branquear 21 millóns de euros procedentes do narcotráfico. Cóntao El País.
Milleiros de persoas participaron nas mobilizacións da Alianza Social Galega para reclamar, durante o serán deste xoves, "outra saída da crise". Este vídeo da CIG recolle algúns dos momentos máis destacados.
Dez manifestacións convocadas pola Alianza Social Galega percorren nestes momentos as rúas das cidades galegas "por outra saída da crise". Na imaxe, a marcha de Ferrol.
Principia Marsupia, blog de Público, explica "6 datos para entender Crimea", rexión ucraína de maioría rusa que esixe un referendo sobre o seu futuro.
Convocada folga indefinida no hospital Povisa de Vigo para rexeitar os despedimentos anunciados pola empresa. O paro comezará o vindeiro 17 de marzo.