Dez manifestacións convocadas pola Alianza Social Galega percorren nestes momentos as rúas das cidades galegas "por outra saída da crise". Na imaxe, a marcha de Ferrol.
Fálase
Principia Marsupia, blog de Público, explica "6 datos para entender Crimea", rexión ucraína de maioría rusa que esixe un referendo sobre o seu futuro.
Convocada folga indefinida no hospital Povisa de Vigo para rexeitar os despedimentos anunciados pola empresa. O paro comezará o vindeiro 17 de marzo.
O Estado inicia a venda de Bankia e comeza cun 7,5% da entidade, valorado en 1,360 millóns de euros.
Feijóo rexeita intervir o Concello de Santiago "polo menos de momento". Máis da metade do Goberno municipal está a un só paso de ter que sentar no banco dos acusados.
A CIG recolle nun vídeo o testemuño do traballador despedido do bispado de Ourense tras denunciar explotación laboral. O afectado, como adiantou Praza, asegurou sentirse como un "escravo", con xornadas de ata 14 horas diarias.
Culturagalega.org analiza nesta reportaxe os procesos de recuperación das festas de Entroido tradicionais, como por exemplo o Merdeiro de Vigo, o Entroido Ribeirao de Lugo ou o retorno a Compostela dos Xenerais do Ulla
Este venres 28 Armando Requeixo defenderá na Facultade de Filoloxía da USC a súa tese de doutoramento A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica, dirixida por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer. O tribunal estará presidido por Xesús Alonso Montero.
Dous detidos durante a visita da conselleria de Sanidade a Ferrol. Un grupo de traballadores intentou impedir o acceso de Rocío Mosquera ao complexo hospitalario.
O PP liquida a xustiza universal no Congreso. A Fiscalía da Audiencia Nacional pedirá nos vindeiros días o arquivo de varias causas pendentes, como a do cámara galego asasinado en Iraq, José Couso.