A policía desaloxou os traballadores de Povisa que se pecharan no edificio da Xunta en Vigo. O persoal, que protestaba contra a imposición do convenio provincial no hospital, comezará unha folga indefinida o 19 de agosto.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51ffa7d08e394-captura.jpg)
A policía desaloxou os traballadores de Povisa que se pecharan no edificio da Xunta en Vigo. O persoal, que protestaba contra a imposición do convenio provincial no hospital, comezará unha folga indefinida o 19 de agosto.
Suspéndese o Brincadeira Festival segundo comunicaron os seus organizadores esta mañá. O motivo débese aos malos resultados en canto á asistencia, que lles impide asumir a continuidade do evento. "Despois de todo o traballo realizado, o esforzo e a ilusión é un golpe moi duro e difícil de encaixar para nós. Sentímolo principalmente por todos os implicados neste proxecto, dende artistas ata persoal e especialmente por todas e todos vós", dixeron os organizadores no seu comunicado.
Lainformacion.com alerta de que as empresas proveedoras de electricidade lles proporcionan aos fogares máis potencia da que necesitan e recomenda que os usuarios rebaixen esa potencia contratada, aforrando até 300 euros por ano.
Cinco Días repasa as receitas propostas dende as posicións máis extremistas, que apostan por endurecer a reforma laboral para evitar que os ERE pactados se recorran nos tribunais ou por rebaixar a prestación por desemprego nos primeiros meses de paro.
Alfonso Pato relata en El País a relación entre o sinistro de Angrois e un accidente de autobús que en 1955 acabou coa vida de 31 persoas en Cans.
Marrocos anula o indulto ó pederasta español, Daniel Galván, ó que indultara o rei Juan Carlos xunto a outros 47 españois o pasado martes. O pederasta regresou a España esta semana e descoñecese o seu paradoiro.
Salvemos Cabana pide avaliar o risco de exposición ao radón en Corcoesto. Denuncia que a Declaración de Impacto Ambiental aprobada pola Xunta "carece dun apartado que valore as emisións que poderían producirse polo proxecto de Edgewater a ceo aberto".
A metade dos traballadores galegos non chegan a ser mileuristas. Máis de 572.600 contribuintes non superan os 12.000 euros anuais. O número de persoas sen rendementos por emprego crece un 83% desde 2008
CDC aposta por unha candidatura única soberanista nas europeas. Quere que a lista vaia máis aló de CiU e ERC e poida incluir a PSC e ICV-EUiA.
O PSOE rexeita esixir responsabilidades políticas polo accidente de Santiago. En cambio, IU e BNG queren que o Congreso cree unha comisión de investigación