Orozco di que deixará a Alcaldía de Lugo se se abre xuízo oral contra el, algo que considera "imposible". Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER que recolle La Voz
Fálase
O rei de España ve "optimismo" no futuro da "gran nación española". Felipe VI aproveitou a Pascua Militar para agradecer a "lealdade" dos exércitos.
O Celta cae 2-4 ante o Athletic na ida dos oitavos de final da Copa do Rei. O equipo vigués empatou en dúas ocasións pero acabou perdendo e complicando moito a clasificación.
O PSOE expulsa do partido o ex alcalde de Vigo Carlos Príncipe. Acúsano de inxuriar a Caballero e outros cargos socialistas polas súas denuncias de corrupción.
Interior repartiu 45 medallas entre os policías que interviron nos disturbios do 22M. O Ministerio defende as condecoraicóns para os dous mandos principais para os que os sindicatos pediron a dimisión.
Syriza insiste en que Grecia seguirá no euro malia as ameazas de Alemaña mentres o primeiro ministro Samaras endurece a campaña contra o favorito para as vindeiras eleccións.
Touro reparte 250.000 euros do terceiro premio do Neno no número 84.222.
O ladrón do Códice intenta probar que aforrou dous millóns de euros. Manuel Castiñeiras defende que os cartos non son froito de roubos na Catedral.
Monedero cre que España ten en Grecia "un espello do que pode ocorrer se non se reacciona". Eldiario.es entrevista ao dirixente de Podemos, que cre que se os gregos "non teñen dereito a unhas eleccións libres, a democracia acabou en Europa".
O PP xustifica pechar en xaneiro o Parlamento porque decembro "foi moi intenso". Os conservadores xustificaron alongar ata febreiro as vacacións dos deputados.