O PSOE expulsa do partido o ex alcalde de Vigo Carlos Príncipe. Acúsano de inxuriar a Caballero e outros cargos socialistas polas súas denuncias de corrupción.
Fálase
Interior repartiu 45 medallas entre os policías que interviron nos disturbios do 22M. O Ministerio defende as condecoraicóns para os dous mandos principais para os que os sindicatos pediron a dimisión.
Syriza insiste en que Grecia seguirá no euro malia as ameazas de Alemaña mentres o primeiro ministro Samaras endurece a campaña contra o favorito para as vindeiras eleccións.
Touro reparte 250.000 euros do terceiro premio do Neno no número 84.222.
O ladrón do Códice intenta probar que aforrou dous millóns de euros. Manuel Castiñeiras defende que os cartos non son froito de roubos na Catedral.
Monedero cre que España ten en Grecia "un espello do que pode ocorrer se non se reacciona". Eldiario.es entrevista ao dirixente de Podemos, que cre que se os gregos "non teñen dereito a unhas eleccións libres, a democracia acabou en Europa".
O PP xustifica pechar en xaneiro o Parlamento porque decembro "foi moi intenso". Os conservadores xustificaron alongar ata febreiro as vacacións dos deputados.
Fomento resucita o AVE de Vigo a Ourense a catro meses das eleccións. Ana Pastor anunica por segunda vez a aprobación dos trámites ambientais.
O PP difunde a portada de El Mundo na que Rajoy aseguraba que "cando goberne, baixará o paro", para celebrar os datos do desemprego rexistrado difundidos hoxe. Cando o actual presidente español lanzou ese augurio había 399.218 persoas menos rexistradas como paradas no Estado e 20.290 menos en Galicia.
Abanca asegura que o galego "é a lingua prioritaria e de referencia" das súas comunicacións. Asegúrao nas redes sociais tras as críticas recibidas ante as informacións que aseguran que pasaría a empregar o castelán como lingua vehicular.