O Concello de Mondoñedo, que goberna o BNG en coalición co PSdeG, estuda cobrarlle o IBI á Igrexa como xa fai Allariz co aval da Xustiza. Cóntao Radio Lugo.
O Concello de Mondoñedo, que goberna o BNG en coalición co PSdeG, estuda cobrarlle o IBI á Igrexa como xa fai Allariz co aval da Xustiza. Cóntao Radio Lugo.
Queda en liberdade o autor confeso do roubo do Códice Calixtino. En El País.
A Audiencia Nacional dubida da constitucionalidade da supresión da paga extra dos funcionarios. O tribunal sostén que a decisión pode vulnerar a irretroactividade que garante a Constitución. Consulta neste enlace a providencia da Sala do Social
Unha representación das traballadoras de Alfageme, atópanse neste momento pechada na Consellería de Industria, en San Caetano, reclamando que as reciba o Conselleiro, segundo informa a CIG
Queremos Galego oponse á designación do conselleiro Jesús Vázquez como comendador do Cocido de Lalín. A plataforma no Deza rexeita que se recoñeza a un cargo "significado na desgaleguización do ensino" e en "relegar a nosa língua a un uso marxinal nos centros educativos", tal e como explica nun comunicado.
O xuíz do caso Noos imponlles unha fianza civil de 8,1 millóns de euros a Iñaki Urdangarín e mais ao seu socio. Está a contalo a Cadena SER
Estase a celebrar unha xuntanza do Consello de Goberno da USC. No exterior do Reitorado, na praza do Obradoiro, unha concentración pide a dimisión da xerente da universidade e lanza ovos contra o edificio.
"Estamos moi moderadamente satisfeitos", vén de sentenzar a ministra de Emprego, Fátima Báñez, ao ser cuestionada no Congreso sobre os resultados da reforma laboral. En El Diario
As protestas dos traballadores do Marco e do IMD forzan de novo a suspensión do pleno municipal en Vigo, que xa fora adiado o luns.
Catro enchufados de Baltar admiten ser do PP e dous deles, edis, defenden que tiñan un máster. As testemuñas oculan quen lles ofreceu emprego dende a Deputación