O voceiro de CiU na comisión de Fomento do Congreso, Pere Macías, bota man dos tópicos para criticar o AVE galego. O popular Celso Delgado instouno a respectar que Galicia vaia ter "o mesmo" en infraestruturas que Catalunya e Macías asegurou que "nunca aspirará a ter os percebes" que ten Galicia.
Fálase
Alfred Bosch, voceiro de ERC no Congreso, afirma que a "opacidade" da Casa Real non se resolve "pedindo desculpas".
O Sindicat de Periodistes de Catalunya denuncia que a inminente destitución da directora de TV3 responde "a criterios políticos e non profesionais". Corren malos tempos para os medios de comunicación públicos, como revelan as informacións de que un sector do PP estaría presionando a Rajoy para que modifique a lei de RTVE e "recupere o control" da compañía.
O novo alcalde de Santiago mantén a Paula Prado como voceira do seu goberno pero prescinde do controvertido Ángel Espadas, que deixa de ser xefe de gabinete. Os cambios do goberno compostelán.
PSOE e IU pechan un acordo programático para un goberno estable en Andalucía para toda a lexislatura. Delegacións dos dous partidos consideran "magnífico" o pacto que atende ao "mandato" dos andaluces.
Deportes. A LFP premia a afección do Deportivo da Coruña. O vindeiro domingo, un representante da Federación de Peñas recibirá o galardón Xogador número 12 en recoñecemento á valía dos seareiros.
Piden a dimisión de Beatriz Mato. O comité intercentros do persoal laboral da Xunta e os catro comités provinciais de Traballo e Benestar solicitan o cese da conselleira e de todo o seu equipo directivo "por ser a máxima responsable do deterioro do sistema de benestar en Galicia, con recortes de persoal e de medios materiais que supoñen o desmantelamento dos servicios sociais".
O Concello da Coruña emula a Feijóo e pon en marcha unha poxa de vehículos oficiais. Asegura que pertencen ao "anterior bipartito", aínda que varios deles son do ano 1998, da etapa de Francisco Vázquez como alcalde da cidade.
O Goberno advirte que "non dubidará" en intervir aquelas autonomías que non poidan "cumprir coas súas obrigas financeiras". O Executivo recoñece "serias discrepancias" con algúns dos plans de axuste enviados polas comunidades para acollerse ao mecanismo de pago a proveedores. The Guardian aseguraba esta semana que Rajoy ten pensado intervir unha autonomía no mes de maio.
O rei, ao ser dado de alta no hospital, asegur que "sente" ter marchado de caza a Botsuana. "Equivoqueime e non volverá ocorrer", dixo.