Obama pide ao BCE que compre débeda de España e Italia e que impulse unha política monetaria activa que axude os países que puxeron en práctica "obxectivos e políticas moi duros".
Fálase
Esperanza Aguirre pide "suspender" a final de Copa e que "se celebre a porta pechada noutro lugar" ante as posibles "ultraxes á bandeira e ao himno de España".
Plácido Álvarez Dobaño, voceiro do PP na Deputación e alcalde de Muiños, di que "hai seis alcaldes interesados pola planta de residuos do sur de Galicia". Unha vez que a instalación da incineradora no Irixo parece cada vez menos probable, soan con forza Celanova e a Baxa Limia.
El Periódico dedica a súa portada á folga convocada hoxe en todos os niveis do ensino. Tamén publica un editorial, Unha folga inédita, no que afirma que "José Ignacio Wert enfróntase ao dubidoso honor de sufrir a primeira folga unitaria da democracia no ensino público"
Facebook esboróase na Bolsa, entre rumores do estoupido da burbulla tecnolóxica. As súas accións caen un 14% e fican moi por debaixo do prezo de saída.
O esquerdista Andrés Manuel López Obrador convoca un mitin para máis de dez mil estudantes en México. A 5 semanas das eleccións o candidato do PRI Peña Nieto obtería o 39%, López Obrador o 31% e o PAN quedaría no 26%.
Este martes está convocada unha folga en todos os niveis do ensino, dende infantil até a universidade, por primeira vez na historia. Convocan FETE-UGT, FE-CCOO, ANPE, CSIF e STES, aínda que en Galicia finalmente UGT non participará, o mesmo que os sindicatos nacionalistas.
Luís Campos, presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra afirma que “cumprir o decreto do Ministerio de Sanidade vai contra a ética profesional” e di que "non nos podemos negar a atender un paciente".
O Tribunal Constitucional inicia hoxe as deliberacións sobre o recurso de amparo presentado por Sortu contra a súa non inscrición no rexistro de partidos. O TC podería legalizar a formación tras este proceso, segundo El País
Unha investigación da USC establece unha relación directa entre a obesidade e un receptor celular. O estudo, liderado polo investigador do CIMUS Rubén Nogueiras, foi publicado na revista FASEB Journal, unha das máis prestixiosas do mundo no ámbito da biomedicina