Facebook esboróase na Bolsa, entre rumores do estoupido da burbulla tecnolóxica. As súas accións caen un 14% e fican moi por debaixo do prezo de saída.
Fálase
O esquerdista Andrés Manuel López Obrador convoca un mitin para máis de dez mil estudantes en México. A 5 semanas das eleccións o candidato do PRI Peña Nieto obtería o 39%, López Obrador o 31% e o PAN quedaría no 26%.
Este martes está convocada unha folga en todos os niveis do ensino, dende infantil até a universidade, por primeira vez na historia. Convocan FETE-UGT, FE-CCOO, ANPE, CSIF e STES, aínda que en Galicia finalmente UGT non participará, o mesmo que os sindicatos nacionalistas.
Luís Campos, presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra afirma que “cumprir o decreto do Ministerio de Sanidade vai contra a ética profesional” e di que "non nos podemos negar a atender un paciente".
O Tribunal Constitucional inicia hoxe as deliberacións sobre o recurso de amparo presentado por Sortu contra a súa non inscrición no rexistro de partidos. O TC podería legalizar a formación tras este proceso, segundo El País
Unha investigación da USC establece unha relación directa entre a obesidade e un receptor celular. O estudo, liderado polo investigador do CIMUS Rubén Nogueiras, foi publicado na revista FASEB Journal, unha das máis prestixiosas do mundo no ámbito da biomedicina
Estase a celebrar unha asemblea aberta na Facultade de Socioloxía da UDC na que os e as estudantes decidirán se inician un peche no centro para protestar contra "o proceso de precarización" da universidade. A asemblea foi precedida por palestras e debates
SOS Courel denuncia que este luns axentes forestais destruíron cunha excavadora habitats prioritarios no monte veciñal de Froxán
A TVG será a anfitriona do Congreso Anual das Televisións Públicas Rexionais de Europa, informa o Colexio Profesional de Xornalistas
A CIG tamén convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral. Os horarios e lugares son os seguintes.
Vigo: na Porta do Sol ás 20.00 horas.
A Coruña: diante da Subdelegación do Goberno ás 19.00 horas.
Pontevedra: diante da Subdelegación do Goberno ás 19.30 horas
Ferrol: na Praza do Himno Galego ás 19.30 horas.
Santiago: na Praza do Toural ás 20.00 horas.
Lugo: diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas.
Ourense: diante do local da CEO (Praza das Damas) ás 20.00 horas.