SOS Courel denuncia que este luns axentes forestais destruíron cunha excavadora habitats prioritarios no monte veciñal de Froxán
SOS Courel denuncia que este luns axentes forestais destruíron cunha excavadora habitats prioritarios no monte veciñal de Froxán
A TVG será a anfitriona do Congreso Anual das Televisións Públicas Rexionais de Europa, informa o Colexio Profesional de Xornalistas
A CIG tamén convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral. Os horarios e lugares son os seguintes.
Vigo: na Porta do Sol ás 20.00 horas.
A Coruña: diante da Subdelegación do Goberno ás 19.00 horas.
Pontevedra: diante da Subdelegación do Goberno ás 19.30 horas
Ferrol: na Praza do Himno Galego ás 19.30 horas.
Santiago: na Praza do Toural ás 20.00 horas.
Lugo: diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas.
Ourense: diante do local da CEO (Praza das Damas) ás 20.00 horas.
CCOO e UGT convocan mobilizacións contra a reforma laboral baixo o lema Noite e día contra a reforma. As concentracións comezan ás 22 horas do mércores 23 e continúan no mediodía do día seguinte. Os lugares son os seguintes:
A Coruña: Delegación do Goberno
Ferrol: Praza de España, edificio da Xunta.
Lugo: Subdelegación do Goberno.
Ourense: Subdelegación do Goberno.
Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
Vigo: Concepción Arenal, Edificio da Xunta.
Viveiro: Casa do Mar (Celeiro), só o día 24 ao mediodía
Rajoy dá prioridade á estabilidade financeira e pide aos dirixentes europeos que defendan o euro "con nitidez e claridade", durante a súa participación no cumio da ONU. O presidente do Goberno critica a Rubalcaba por "falta de coherencia" e recoñece que non creará unha comisión de investigación para Bankia.
José Manuel Soria avisa que "nalgún momento" terá que subir o recibo da luz para rematar co burato eléctrico. O ministro de Industria non aclarou cando prevé aplicar esta suba.
O Ministerio de Sanidade reutilizará a campaña contra a violencia machista que impulsou o Goberno socialista e que o gabinete de Rajoy criticou con dureza. Na Cadena SER.
A Executiva do PNV nomea ao seu presidente, Íñigo Urkullu, candidato a lehendakari. En La Información.
A Xunta crtica os investimentos "sen planificación" nos aeroportos galegos e apela a coordinar a súau oferta de voos para evitar unha competencia entre eles que beneficie a Porto.
Fútbol. A penúltima xornada de Segunda División xogarase o vindeiro domingo ás 20 horas. O Deportivo enfróntase en Riazor ao Huesca e o Celta xoga en Tarragona ante o Nàstic.