Rajoy dá prioridade á estabilidade financeira e pide aos dirixentes europeos que defendan o euro "con nitidez e claridade", durante a súa participación no cumio da ONU. O presidente do Goberno critica a Rubalcaba por "falta de coherencia" e recoñece que non creará unha comisión de investigación para Bankia.
Fálase
José Manuel Soria avisa que "nalgún momento" terá que subir o recibo da luz para rematar co burato eléctrico. O ministro de Industria non aclarou cando prevé aplicar esta suba.
O Ministerio de Sanidade reutilizará a campaña contra a violencia machista que impulsou o Goberno socialista e que o gabinete de Rajoy criticou con dureza. Na Cadena SER.
A Executiva do PNV nomea ao seu presidente, Íñigo Urkullu, candidato a lehendakari. En La Información.
A Xunta crtica os investimentos "sen planificación" nos aeroportos galegos e apela a coordinar a súau oferta de voos para evitar unha competencia entre eles que beneficie a Porto.
Fútbol. A penúltima xornada de Segunda División xogarase o vindeiro domingo ás 20 horas. O Deportivo enfróntase en Riazor ao Huesca e o Celta xoga en Tarragona ante o Nàstic.
CCOO e UGT advirten de que manterán "unha mobilización sostida" logo de aprobarse a reforma laboral e tras anunciar as concentracións que terán lugar en toda España entre a noite do 23 e o mediodía do 24.
Google Chrome supera a Internet Explorer por primeira vez na historia e convértese no navegador máis usado do mundo
As entidades bancarias adxudícanse vivendas en situacións de impago hipotecario a un 50% do seu valor, por mor dunha trampa legal
Xubilados e prexubilados de UGT-Galicia concentraranse este martes ás 11 horas fronte á Delegación do Goberno na Coruña contra os recortes do Executivo central