Estase a celebrar unha asemblea aberta na Facultade de Socioloxía da UDC na que os e as estudantes decidirán se inician un peche no centro para protestar contra "o proceso de precarización" da universidade. A asemblea foi precedida por palestras e debates
Fálase
SOS Courel denuncia que este luns axentes forestais destruíron cunha excavadora habitats prioritarios no monte veciñal de Froxán
A TVG será a anfitriona do Congreso Anual das Televisións Públicas Rexionais de Europa, informa o Colexio Profesional de Xornalistas
A CIG tamén convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral. Os horarios e lugares son os seguintes.
Vigo: na Porta do Sol ás 20.00 horas.
A Coruña: diante da Subdelegación do Goberno ás 19.00 horas.
Pontevedra: diante da Subdelegación do Goberno ás 19.30 horas
Ferrol: na Praza do Himno Galego ás 19.30 horas.
Santiago: na Praza do Toural ás 20.00 horas.
Lugo: diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas.
Ourense: diante do local da CEO (Praza das Damas) ás 20.00 horas.CCOO e UGT convocan mobilizacións contra a reforma laboral baixo o lema Noite e día contra a reforma. As concentracións comezan ás 22 horas do mércores 23 e continúan no mediodía do día seguinte. Os lugares son os seguintes:
A Coruña: Delegación do Goberno
Ferrol: Praza de España, edificio da Xunta.
Lugo: Subdelegación do Goberno.
Ourense: Subdelegación do Goberno.
Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
Vigo: Concepción Arenal, Edificio da Xunta.
Viveiro: Casa do Mar (Celeiro), só o día 24 ao mediodíaRajoy dá prioridade á estabilidade financeira e pide aos dirixentes europeos que defendan o euro "con nitidez e claridade", durante a súa participación no cumio da ONU. O presidente do Goberno critica a Rubalcaba por "falta de coherencia" e recoñece que non creará unha comisión de investigación para Bankia.
José Manuel Soria avisa que "nalgún momento" terá que subir o recibo da luz para rematar co burato eléctrico. O ministro de Industria non aclarou cando prevé aplicar esta suba.
O Ministerio de Sanidade reutilizará a campaña contra a violencia machista que impulsou o Goberno socialista e que o gabinete de Rajoy criticou con dureza. Na Cadena SER.
A Executiva do PNV nomea ao seu presidente, Íñigo Urkullu, candidato a lehendakari. En La Información.
A Xunta crtica os investimentos "sen planificación" nos aeroportos galegos e apela a coordinar a súau oferta de voos para evitar unha competencia entre eles que beneficie a Porto.