O rescate bancario e as comunidades autónomas subirán a débeda por riba do 100% do PIB no primeiro semestre de 2013. Así o aseguran varios expertos en El Economista.
Fálase
A policia acaba de desaloxar os afectados polas subordinadas que dende a semana pasada estaban ocupando unha oficina de NGB en Gondomar
Hoxe tamén comezan en Compostela as Aulas na Rúa organizadas pola Asemblea Aberta de CC. da Educación e Psicoloxía. Terán lugar luns, martes e mércores ás 17.30 horas na praza do Toural. Hoxe Pablo Meira falará do cambio climático en Entendendo a Miss Sandy.
Este luns ás 12 as reitoras e reitores das universidades públicas españolas darán a coñecer un texto conxunto para comunicarlle á sociedade a "preocupación" das universidades polos recortes nos Orzamentos do Estado en materia de Educación Superior e I+D+i. Os reitores da Coruña, Vigo e Santiago convocaron roldas de prensa para explicar o documento.
O SPD elixe Peer Steinbrück para encabezar as listas socialdemócratas nas eleccións de 2013. Steinbrück enfrontarase a Merkel e comprométese a non pactar coa CDU.
A crise política en Italia dispara a prima de risco de España e Italia. Ambas as dúas soben entre 15 e 20 puntos dende o venres.
O Dépor cae goleado ante un Atlético de Madrid imparable. 6-0 con cinco goles de Falcao. Os branquiazuis pechan a clasificación xunto co Espanyol.
O Blusens Monbus derrotou o Unicaja 70-76 en Málaga. Os de Santiago marchan novenos e manteñen opcións de xogar a Copa do Rei. Na fin de semana derrotas dos tres equipos galegos da Adecco Ouro: Alicante- Basquet Coruña 81-65, Breogan- Planasa Navarra 76-78 e Melilla- Ourense Baloncesto 76-75
Na Terceira galega o Rácing de Ferrol (42 puntos) mantense imbatible na primeira posición seguido de Celta B e Compostela (30)
Betanzos 3-1 Céltiga
Alondras 0-1 Cerceda
As Pontes 1-0 Bergantiños
Racing de Ferrol 5-0 Pontevedra
Ordes 1-1 Somozas
Dorneda 0-2 Celta B
Vilalonga 1-1 Narón
Deportivo B 5-0 Negreira
Compostela 2-0 Barbadás FINAL
Rápido de Bouzas 0-0 Racing VilalbésNa Segunda B vitoria do Coruxo 1-2 ante o Sporting B. Derrota do Ourense 0-2 na casa contra o Caudal. O Coruxo mantense preto dos postos de play-off de ascenso