O BNG solicitou hoxe no Parlamento galego paralizar o proceso de privatización da alta tecnoloxía sanitaria que ten posta en marcha a Consellería de Sanidade a través do Sergas cun contrato de 88 millóns de euros por unha duración inicial de oito anos. Demanda que ese servizo volva ser integrado na rede sanitaria pública.
Fálase
O secretario do comité de empresa de Urbaser, Julio Pacio (UGT), denuncia que a compañía está contratando "esquirois" doutras concesións para recoller lixo en Lugo durante a folga indefinida que os traballadores manteñen dende hai 25 días.
O xuízo contra José Luis Baltar por un delito continuado de prevaricación quedará listo para sentencia este venres. Na vista varios rexedores afirmaron que lle suxerían que persoas podía contratar, destaca La Voz.
Domingo Neira, o profesor da USC que fora suspendido por impartir contidos homófobos e machistas e que volverá dar clase o vindeiro curso sinala que “son un profesor social e innovador, nin homófobo nin nada”. Afirma que dicir “maricón” non é ofensivo
A Asociación de Amigos de la Bandera, con sede en Piñor de Cea, denuncia ante a Subdelegación do Goberno en Ourense a actriz Ana Morgade, por limpar os mocos coa bandeira española nun sketch de El Club de la Comedia.
O Goberno podería pedirlle ao Consello de Estado un ditame sobre a lei do aborto, segundo destaca LaMarea, o que podería adiar varios meses o proceso de aprobación da lei. O Congreso acolle en paralelo dúas sesións de debate sobre a reforma da lei, cunha participación moito máis importante no caso dos defensores deste dereito.
Público analiza o desenvolvemento do proceso Municipalia, a iniciativa lanzada polos partidos de esquerda e os movementos sociais para optar a gañar as eleccións municipais en Madrid, seguindo o ronsel de Guanyem Barcelona
Besteiro ve na reforma electoral que propugna o PP un "intento de atarse á cadeira" e "perpetuarse no poder". O líder do PSdeG sinálao nunha entrada no seu blog.
Feijóo asegura que os datos do Goberno central que acreditan a redución de 5.000 docentes e sanitarios "non son correctos nin certos".
Marful despedirase por tempo indefinido despois do verán. A pausa por "motivos persoais", comezará logo da xira deste verán e deixa en suspenso o proxecto do novo diso da formación. Marful actuará mañá venres en Agolada e ofrecerá o seu derradeiro concerto da xira o 8 de outubro nas festas do San Froilán en Lugo.