A Asociación de Amigos de la Bandera, con sede en Piñor de Cea, denuncia ante a Subdelegación do Goberno en Ourense a actriz Ana Morgade, por limpar os mocos coa bandeira española nun sketch de El Club de la Comedia.
Fálase
O Goberno podería pedirlle ao Consello de Estado un ditame sobre a lei do aborto, segundo destaca LaMarea, o que podería adiar varios meses o proceso de aprobación da lei. O Congreso acolle en paralelo dúas sesións de debate sobre a reforma da lei, cunha participación moito máis importante no caso dos defensores deste dereito.
Público analiza o desenvolvemento do proceso Municipalia, a iniciativa lanzada polos partidos de esquerda e os movementos sociais para optar a gañar as eleccións municipais en Madrid, seguindo o ronsel de Guanyem Barcelona
Besteiro ve na reforma electoral que propugna o PP un "intento de atarse á cadeira" e "perpetuarse no poder". O líder do PSdeG sinálao nunha entrada no seu blog.
Feijóo asegura que os datos do Goberno central que acreditan a redución de 5.000 docentes e sanitarios "non son correctos nin certos".
Marful despedirase por tempo indefinido despois do verán. A pausa por "motivos persoais", comezará logo da xira deste verán e deixa en suspenso o proxecto do novo diso da formación. Marful actuará mañá venres en Agolada e ofrecerá o seu derradeiro concerto da xira o 8 de outubro nas festas do San Froilán en Lugo.
O Concello de Cambados solicita poder colocar unha foto do rei bebendo viño para presidir o pleno municipal. Cóntao Pontevedra Viva.
O Festigal presenta o cartaz da súa edición do 2014, encabezado pol'A Quenlla, Sés, Nao e os Festicultores.
María Faraldo, ex alcaldesa de Betanzos, presentará este xoves a súa dimisión como deputada no Parlamento galego, tras abrirlle o TSXG xuízo oral por prevaricación e falsidade documental por unha contratación realizada como rexedora.
O profesor de Ciencias Económicas Rafael Vallejo presenta no Consello da Cultura Galega dez medidas urxentes para recuperar Combarro