O Festigal presenta o cartaz da súa edición do 2014, encabezado pol'A Quenlla, Sés, Nao e os Festicultores.
Fálase
María Faraldo, ex alcaldesa de Betanzos, presentará este xoves a súa dimisión como deputada no Parlamento galego, tras abrirlle o TSXG xuízo oral por prevaricación e falsidade documental por unha contratación realizada como rexedora.
O profesor de Ciencias Económicas Rafael Vallejo presenta no Consello da Cultura Galega dez medidas urxentes para recuperar Combarro
A Xunta Electoral dálle vía libre ao goberno de Agustín Hernández en Santiago, ao desestimar as alegacións presentadas por PSOE e BNG contra a incorporación de concelleiros non electos. O pleno para designar a Hernández como alcalde convocarase a semana que vén.
Sargadelos alega ante un tribunal que é un grupo empresarial catro anos despois de negalo. A empresa defende a negociación conxunta do ERE para Cervo e Sada a pesar de que Inspección laboral e Xunta negaron en 2010 que tivese categoría de grupo, ante a denuncia efectuada pola CIG polo ERE presentado nese momento en Cervo.
Feijóo propón estender a elección directa ás autonomías para que goberne o candidato do partido máis votado. O presidente da Xunta quere aproveitar o debate aberto por Mariano Rajoy sobre a elección directa dos alcaldes e alcaldesas.
O Goberno renuncia a castigar con máis dureza un delito se é cometido nas redes sociais. Interior pretendía que o novo Código Penal incluíse un agravante por difundir a mensaxe en Twitter ou Facebook. Agora alega que o anteproxecto aprobado hai dez meses xa recoñece a "potencialidade" das redes sociais nalgúns delitos.
Os aforros das familias españolas reducíronse en 3.000 millóns de euros no primeiro trimestre do ano e quedan tan só no 9% do que ingresan.
Sarkozy acusa o Goberno de Manuel Valls de instrumentalizar politicamente a xustiza. Nunha entrevista televisiva emitida en horario de máxima audiencia, o ex presidente francés acusou a ministra de Xustiza de mentir e aos actuais responsables do Executivo de buscar a súa "humillación"
A Mesa denuncia que o Concello do Carballiño lle negou a atención a un cidadán no seu servizo de información telefónica por empregar a lingua galega. "Yo no sé gallego", argumentou a persoa que respondeu á chamada.