Os aforros das familias españolas reducíronse en 3.000 millóns de euros no primeiro trimestre do ano e quedan tan só no 9% do que ingresan.
Fálase
Sarkozy acusa o Goberno de Manuel Valls de instrumentalizar politicamente a xustiza. Nunha entrevista televisiva emitida en horario de máxima audiencia, o ex presidente francés acusou a ministra de Xustiza de mentir e aos actuais responsables do Executivo de buscar a súa "humillación"
A Mesa denuncia que o Concello do Carballiño lle negou a atención a un cidadán no seu servizo de información telefónica por empregar a lingua galega. "Yo no sé gallego", argumentou a persoa que respondeu á chamada.
A profesora Alba Nogueira analiza no seu blog os últimos datos de emprego público difundidos polo Goberno de España e destaca que "o persoal de xestión burocrática estatal sigue sendo superior ao de todas as comunidades autónomas xuntas"
A deputada do PP María Faraldo será xulgada por presunta prevaricación na súa etapa como alcaldesa de Betanzos, segundo vén de confirmar o TSXG.
As plataformas de emigrantes retornados concentráronse este mércores ante as delegacións de Facenda das cidades e vilas galegas. "Fomos a Suíza a traballar e a traer cartos para aquí, mentres que outros o levan e os amnistían", destacou Manuel Domínguez, voceiro da plataforma compostelá.
Eurodeputadas e eurodeputados de varios grupos do Parlamento europeo, entre elas a galega Lidia Senra, realizaron un acto de protesta contra o plan do Goberno español de recortar o dereito ao aborto.
A galega que logrou mellor nota en selectividade, a mindoniense Patricia Martínez, reivindica a escola pública no acto oficial de recoñecemento das mellores cualificacións
O paro baixa en xuño en 122.684 persoas e queda nunha cifra total de 4.449.701 no conxunto de España, con 56.622 novos afiliados e afiliadas á Seguridade Social, sobre todo en hostelería e comercio. En Galicia o paro descende en 11.134 persoas, até as 252.310.
As plataformas de emigrantes retornados concentraranse este mércores pola mañá ante as delegacións de Facenda das cidades e vilas galegas. Piden unha igualdade de trato fiscal respecto ao resto dos xubilados, que se devolvan as sancións xa cobradas e a revogación dos expedientes xa iniciados.