As plataformas de emigrantes retornados concentraranse este mércores pola mañá ante as delegacións de Facenda das cidades e vilas galegas. Piden unha igualdade de trato fiscal respecto ao resto dos xubilados, que se devolvan as sancións xa cobradas e a revogación dos expedientes xa iniciados.
Fálase
O 14 de xullo comezará unha folga de recollida do lixo en Compostela, se non hai acordo antes. Traballadores e dirección de Urbaser reuníronse xa en oito ocasións, destacando que as posicións están moi afastadas. En Lugo, despois de 22 días de paro, as negociacións quedaron suspendidas onte tras dúas horas e media de reunión
Pescanova aproba as contas dos tres últimos anos, cunha débeda de 280 millóns. A empresa prioriza a reestruturación das súas filiais para protexer a viabilidade do grupo.
Pedro Sánchez difunde na súa web un programa no que defende o copagamento en función da renda en materia de Sanidade e Educación para retiralo poucas horas despois.
O ex presidente francés Nicolas Sarkozy, imputado por "corrupción activa", despois de declarar durante 18 horas ante policía e xuíz. Está acusado de tráfico de influencias e encubrimento da violación do segredo profesional.
O presidente da CEOE acusa na FAES a "un millón de amas e amos de casa" de "anotarse no paro para ver se cobran algún subsidio". Recólleo Público.es
Organizacións xuvenís soberanistas convocan unha manifestación unitaria pola independencia para o 24 de xullo en Compostela. AGIR, AMI, BRIGA, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega e Xeira realizarán previamente "umha campanha agitativa conjunta que persegue somar mais jovens à defesa dumha Galiza livre".
Domingo Neira, o profesor da USC que fora suspendido de emprego e soldo durante dous meses despois das denuncias de homofobia e machismo realizadas polo alumnado, volverá dar clase o curso que vén no grao de maxisterio de Educación Primaria. Non empregará os seus libros na docencia.
FAES, que a pasada semana recibiu medio millón de euros de cooperación ao desenvolvemento, pide eliminar o salario mínimo e reducir a prestación por desemprego. En El Diario
Montenoso denuncia en Unha estratexia para desmantelar o ferrocarril público en Galicia? que unha parte importante dos viaxeiros do tren en Galicia non son contabilizados e que tampouco se lles venden billetes.