Domingo Neira, o profesor da USC que fora suspendido de emprego e soldo durante dous meses despois das denuncias de homofobia e machismo realizadas polo alumnado, volverá dar clase o curso que vén no grao de maxisterio de Educación Primaria. Non empregará os seus libros na docencia.
Fálase
FAES, que a pasada semana recibiu medio millón de euros de cooperación ao desenvolvemento, pide eliminar o salario mínimo e reducir a prestación por desemprego. En El Diario
Montenoso denuncia en Unha estratexia para desmantelar o ferrocarril público en Galicia? que unha parte importante dos viaxeiros do tren en Galicia non son contabilizados e que tampouco se lles venden billetes.
Rocío Mosquera defende na inauguración dunha xornada sobre a sanidade privada en Galicia que "son conselleira da sanidade pública e da sanidade privada". No evento, organizado na Coruña polo Instituto para el Desarrollo de la Sanidad, participaron directivos dos grupos Modelo, Quirón ou HM Hospitales.
O vindeiro 10 de xullo estrearase en toda España o documental Yo decido. El Tren de la Libertad, realizado por unha vintena de mulleres cineastas para protestar contra o proxecto de reforma da lei do aborto. Están xa confirmadas proxeccións na Coruña (CGAI), Compostela (Galería Sargadelos) e Ferrol (Ateneo).
Abanca cámbialle o nome á fundación das antigas caixas, que se chamará Afundación. Cóntao Faro de Vigo.
Schulz recunca como presidente do Parlamento Europeo tras un novo acordo entre socialistas e populares. Así o confirma Cañete no seu Twitter.
Dende as 10:00 está en marcha a primeira sesión do novo Parlamento Europeo, que aborda a elección do seu novo presidente. Os candidatos son Pablo Iglesias, Sajjad Karim, Ulrike Lunacek e Martin Schulz. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Xa se pode ver en Galiza Ano Cero a entrevista completa co antropólogo Manuel Delgado, que traballa sobre identidades e exclusións en contextos urbanos: "Gañar a rúa xa implica o primeiro paso cara á emancipación"
Todas as cidades galegas acolleron manifestacións contra a represión sindical, convocadas por CC.OO., CIG e UGT., e en demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara.