Abanca cámbialle o nome á fundación das antigas caixas, que se chamará Afundación. Cóntao Faro de Vigo.
Fálase
Schulz recunca como presidente do Parlamento Europeo tras un novo acordo entre socialistas e populares. Así o confirma Cañete no seu Twitter.
Dende as 10:00 está en marcha a primeira sesión do novo Parlamento Europeo, que aborda a elección do seu novo presidente. Os candidatos son Pablo Iglesias, Sajjad Karim, Ulrike Lunacek e Martin Schulz. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Xa se pode ver en Galiza Ano Cero a entrevista completa co antropólogo Manuel Delgado, que traballa sobre identidades e exclusións en contextos urbanos: "Gañar a rúa xa implica o primeiro paso cara á emancipación"
Todas as cidades galegas acolleron manifestacións contra a represión sindical, convocadas por CC.OO., CIG e UGT., e en demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara.
Usar Internet no móbil dende outro país da UE será un 55% máis barato a partir de hoxe. O obxectivo é que a finais de 2015 as tarifas de roaming teñan o mesmo prezo en toda a a UE, independentemente do país de orixe do usuario ou usuaria.
O Club Deportivo Ourense, incapaz de pagar as débedas que mantén cos seus futbolistas, descende administrativamente a Terceira División. O clube levaba semanas buscando fórmulas para solucionar estes pagamentos
Rey Varela nega que a voz das gravación da Pokémon sexa a súa. No sumario do caso o alcalde de Ferrol é identificado como Josman, presunto receptor de 3000 euros do grupo Vendex
Julio Flores, tenente de alcalde da Coruña, afirma que o delegado de Vendex en Galicia, José María Tutor, reuniuse con el para "apuntarse un tanto" antes das eleccións. Flores declarou este luns ante Pilar de Lara.
O ministro Ruiz-Gallardón mantén que a malformación do feto non será "xamais" unha causa legal para abortar cando entre en vigor a súa contrarreforma. Cóntao El Diario