Rey Varela nega que a voz das gravación da Pokémon sexa a súa. No sumario do caso o alcalde de Ferrol é identificado como Josman, presunto receptor de 3000 euros do grupo Vendex
Fálase
Julio Flores, tenente de alcalde da Coruña, afirma que o delegado de Vendex en Galicia, José María Tutor, reuniuse con el para "apuntarse un tanto" antes das eleccións. Flores declarou este luns ante Pilar de Lara.
O ministro Ruiz-Gallardón mantén que a malformación do feto non será "xamais" unha causa legal para abortar cando entre en vigor a súa contrarreforma. Cóntao El Diario
Kiko da Silva gaña o Premio Castelao de Banda Deseñada que convoca a Deputación da Coruña coa obra O inferno de debuxante
A Plataforma Sarriana polo Río lanza unha campaña solidaria para tentar xuntar os 20.550 euros "que suman os 35 expedientes sancionadores" abertos pola Subdelegación do Goberno en Lugo por supostas "infraccións graves" durante as protestas contra as obras de encanamento do río. Para a plataforma estas multas son unha "represalia" do delegado gobernamental.
"No BNG somos honestos pero non somos absolutamente gilipollas". Xavier Vence defende a continuidade no cargo do alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, cuxa "imputación non ten nada que ver coa corrupción". "O PP ten unha estratexia de acoso e derrubo con respecto a algún alcalde do BNG, levando ao xulgado todas as decisións que adopta sen que teña nada que ver coa corrupción", di o líder do Bloque.
O alcalde de Ferrol ve un "grave erro" na súa imputación na Pokémon e nega ser "Josman", alcume co que segundo Vixilancia Aduaneira se referían a el os membros da presunta trama. Díxoo tras declarar como imputado nos xulgados de Lugo.
O persoal eventual do Sergas realizou cadeas humanas ao redor de centros hospitalarios de toda Galicia contra a precariedade laboral e en demanda de melloras nas condicións de contratación. Na imaxe, o Hospital Xeral de Vigo
O persoal eventual do Sergas convoca a profesionais e usuarios a unha cadea humana ao redor do Hospital Clínico de Santiago para reclamamar unha mellora nas condicións de contratación. Tamén protestarán contra o peche de camas no verán.
UGT, CC.OO e CIG convocan manifestacións este luns nas sete cidades galegas, Monforte Viveiro, Ribeira e Vilagarcía, contra a "represión" sindical e a "criminalización" da cidadanía.