O persoal eventual do Sergas convoca a profesionais e usuarios a unha cadea humana ao redor do Hospital Clínico de Santiago para reclamamar unha mellora nas condicións de contratación. Tamén protestarán contra o peche de camas no verán.
Fálase
UGT, CC.OO e CIG convocan manifestacións este luns nas sete cidades galegas, Monforte Viveiro, Ribeira e Vilagarcía, contra a "represión" sindical e a "criminalización" da cidadanía.
Este luns comeza o xuízo contra José Luis Baltar por presuntas irregularidades en 104 contratos na Deputación de Ourense en 2010, que poderían constituír un delito de prevaricación.
Pescanova celebra este martes a súa xunta de accionistas, que debe aprobar as contas de 2011, 2012 e 2013 e darlle luz verde ao novo consello
30 inmigrantes morren asfixiados nun barco que viaxaba a Italia. No buque había máis de 600 persoas procedentes de África.
Pedro Sánchez é o candidato que máis avais obtivo en Galicia para ser candidato á secretaría xeral do PSOE. Ségueo Eduardo Madina e Pérez Tapias. Máis información, hoxe en Praza.
Agustín Fernández Paz recibiu este domingo o premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo. Imaxe captada por Manuel Bragado.
O galego Iván Raña imponse na proba do Ironman en Austria e sorprende ao ser quen de completar o percorrido en menos de 8 horas.
A dirección do PSOE accede a difundir a procedencia xeográfica dos avais recompilados polos candidatos á secretaría xeral: Pedro Sánchez, Eduardo Madina e José Antonio Pérez Tapias. Segundo dúas sondaxes Madina é o aspirante preferido entre o electorado socialista e Sánchez, entre os seus deputados e deputadas. En El Diario.
O Concello de Santiago non enviou representación á ofrenda do Antigo Reino de Galiza, celebrada hoxe en Lugo. Desta volta correspondeulle intervir ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, que falou maioritariamente en castelán durante o seu discurso.