"No BNG somos honestos pero non somos absolutamente gilipollas". Xavier Vence defende a continuidade no cargo do alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, cuxa "imputación non ten nada que ver coa corrupción". "O PP ten unha estratexia de acoso e derrubo con respecto a algún alcalde do BNG, levando ao xulgado todas as decisións que adopta sen que teña nada que ver coa corrupción", di o líder do Bloque.
