A Plataforma Sarriana polo Río lanza unha campaña solidaria para tentar xuntar os 20.550 euros "que suman os 35 expedientes sancionadores" abertos pola Subdelegación do Goberno en Lugo por supostas "infraccións graves" durante as protestas contra as obras de encanamento do río. Para a plataforma estas multas son unha "represalia" do delegado gobernamental.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53b172a87d2da-portfolio-no-thumbs.png)