Pescanova aproba as contas dos tres últimos anos, cunha débeda de 280 millóns. A empresa prioriza a reestruturación das súas filiais para protexer a viabilidade do grupo.
Fálase
Pedro Sánchez difunde na súa web un programa no que defende o copagamento en función da renda en materia de Sanidade e Educación para retiralo poucas horas despois.
O ex presidente francés Nicolas Sarkozy, imputado por "corrupción activa", despois de declarar durante 18 horas ante policía e xuíz. Está acusado de tráfico de influencias e encubrimento da violación do segredo profesional.
O presidente da CEOE acusa na FAES a "un millón de amas e amos de casa" de "anotarse no paro para ver se cobran algún subsidio". Recólleo Público.es
Organizacións xuvenís soberanistas convocan unha manifestación unitaria pola independencia para o 24 de xullo en Compostela. AGIR, AMI, BRIGA, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega e Xeira realizarán previamente "umha campanha agitativa conjunta que persegue somar mais jovens à defesa dumha Galiza livre".
Domingo Neira, o profesor da USC que fora suspendido de emprego e soldo durante dous meses despois das denuncias de homofobia e machismo realizadas polo alumnado, volverá dar clase o curso que vén no grao de maxisterio de Educación Primaria. Non empregará os seus libros na docencia.
FAES, que a pasada semana recibiu medio millón de euros de cooperación ao desenvolvemento, pide eliminar o salario mínimo e reducir a prestación por desemprego. En El Diario
Montenoso denuncia en Unha estratexia para desmantelar o ferrocarril público en Galicia? que unha parte importante dos viaxeiros do tren en Galicia non son contabilizados e que tampouco se lles venden billetes.
Rocío Mosquera defende na inauguración dunha xornada sobre a sanidade privada en Galicia que "son conselleira da sanidade pública e da sanidade privada". No evento, organizado na Coruña polo Instituto para el Desarrollo de la Sanidad, participaron directivos dos grupos Modelo, Quirón ou HM Hospitales.
O vindeiro 10 de xullo estrearase en toda España o documental Yo decido. El Tren de la Libertad, realizado por unha vintena de mulleres cineastas para protestar contra o proxecto de reforma da lei do aborto. Están xa confirmadas proxeccións na Coruña (CGAI), Compostela (Galería Sargadelos) e Ferrol (Ateneo).