O Diario Oficial de Galicia recolle a orde pola que se incoa a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta da costa. Até agora, o Camiño Norte converxía co francés en Arzúa, pero na proposta da Xunta as dúas rutas pasarían a encontrarse en Compostela, nas proximidades de Lavacolla.
Fálase
O Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia reúnese este xoves en Compostela. Segundo Faro de Vigo, Aena propón concentrar as rutas domésticas en Vigo e A Coruña, e en Lavacolla as internacionais
Un incendio obrigou a desaloxar a aldea de Barbudo, en Ponte Caldelas. O lume comezou pola noite e queimou rapidamente máis de 50 hectáreas. Cortáronse estradas e todos os veciños saíron á rúa para defender as súas casas.
A primeira asociación de vítimas no accidente ferroviario de Santiago preséntase como acusación particular. Algúns feridos e familiares recibiron "cartas" cos custes da asistencia sanitaria, que cobren os distintos seguros
España desaparece dos comités científicos internacionais. O Ministerio de Economía non vai cubrir gastos relativos aos comités científicos internacionais do ICSU (Consello Internacional para a Ciencia)
El País publica a conversa íntegra que mantivo o maquinista do tren accidentado en Santiago despois do sinistro: "xa lle dixen ao de seguridade que esa curva era perigosa que un día a íamos tragar"
O Colexio de Xornalistas lamenta o despedimento de dez persoas no xornal El Progreso, moitas delas referentes da cabeceira lucense e algunhas próximas á posibilidade de xubilárense.
El Diario publica un Antiimperialismómetro para medir o grao de coñecemento sobre o conflito Sirio e a valoración sobre o réxime de Al Asad
Agustín Baamonde (PP), Vicente Docasar (PSdeG), Xabier Ron (AGE) e Ana Pontón (BNG) integrarán o relatorio que converterá en lei a ILP Valentín Paz Andrade para incorporar o portugués ao ensino en Galicia.
Afeccionados do Deportivo recollen sinaturas para solicitar a marcha de Lendoiro. Piden apoio na Rede para pedir ao xuíz do concurso do club que destitúa o actual presidente.