O Colexio de Xornalistas lamenta o despedimento de dez persoas no xornal El Progreso, moitas delas referentes da cabeceira lucense e algunhas próximas á posibilidade de xubilárense.
Fálase
El Diario publica un Antiimperialismómetro para medir o grao de coñecemento sobre o conflito Sirio e a valoración sobre o réxime de Al Asad
Agustín Baamonde (PP), Vicente Docasar (PSdeG), Xabier Ron (AGE) e Ana Pontón (BNG) integrarán o relatorio que converterá en lei a ILP Valentín Paz Andrade para incorporar o portugués ao ensino en Galicia.
Afeccionados do Deportivo recollen sinaturas para solicitar a marcha de Lendoiro. Piden apoio na Rede para pedir ao xuíz do concurso do club que destitúa o actual presidente.
Nos vindeiros meses poderá verse o documental Tesouro de Corcoesto, que nestes momentos grava un equipo liderado pola directora Cora Peña, e que denuncia os prexuízos que o proxecto mineiro pode causar na comarca. Teñen en marcha unha iniciativa de crowdfunding para financiar o proxecto e asegurar a súa difusión e independencia.
Censurada unha campaña publicitaria por "ofender" o Goberno. A campaña de etece.es, destinada a aparecer nas cabinas telefónicas de Madrid, foi revisada varias veces pola empresa concesionaria Cabitel e polo propio Concello. O orixinal "Estimado presidente del Gobierno, le encontramos profesionales que le ayuden en tareas de casa y oficina. Así se puede concentrar en lo que cuenta El Mundo" foi substituído por "Así se puede concentrar en lo que tiene que resolver. Que no es poco".
A Xunta leva a 34 nais que coidan os fillos e fillas "en solitario" a unha "localidade da costa mediterránea". Durante esa "estadía", informa a Secretaría de Igualdade, o Goberno galego tentou "mellorar o seu nivel de autoestima".
Un incendio ameaza o Monte Pindo, segundo denuncia a asociación Monte Pindo Parque Natural. O lume comezou na localidade de Arcos e dous helicópteros traballan xa na zona.
O deputado do PSOE Guillermo Meijón, mestre de profesión, elabora unha comparativa de materias por etapas e cursos para explicitar as diferenzas entre a lei vixente e a 'Lei Wert'.
A xustiza paraliza outra vez a privatización dos seis hospitales madrileños. Falla "por dereitos fundamentais" a suspensión cautelar dun proceso no que Hima San Pablo, Ribera Salud e Sanitas xa tiñan adxudicada a xestión dos centros. O xuíz sorpréndese de que a Comunidade de Madrid admita a súa "incompetencia" para administrar a sanidade de manera eficiente.