O deputado do PSOE Guillermo Meijón, mestre de profesión, elabora unha comparativa de materias por etapas e cursos para explicitar as diferenzas entre a lei vixente e a 'Lei Wert'.
Fálase
A xustiza paraliza outra vez a privatización dos seis hospitales madrileños. Falla "por dereitos fundamentais" a suspensión cautelar dun proceso no que Hima San Pablo, Ribera Salud e Sanitas xa tiñan adxudicada a xestión dos centros. O xuíz sorpréndese de que a Comunidade de Madrid admita a súa "incompetencia" para administrar a sanidade de manera eficiente.
A Xunta adxudica por 800.000 euros o contrato de mantemento dos seus xardíns. A encargada de prestarlle este servizo será a empresa Cespa.
Mauro Lozano, economista e membro de Economistas Frente a la Crisis, sinala que da crise só se sairá con propostas "consensuadas e intelixentes de profundo carácter rexeneracionista" e reclama que "o pensamento progresista debe asumir a súa responsabilidade histórica, por riba de sectarismos" e que "a esquerda debe superar o pensamento débil no que se ha viu mergullada ante o incontible avance do neoliberalismo".
A Casa Real non aclara se o rei ten accións en empresas españolas que representa no exterior. Zarzuela négase a desvelar esta información a pesar de solicitar a súa inclusión na futura Lei de Transparencia
O Congreso de Brasil aproba acabar co segredo do voto dos deputados. Están convocadas manifestacións este 7 de setembro que reclamarán, entre outras, esta medida.
El Confidencial dá conta das dificultades que atopa NGB para vender Evo Bank, a súa marca para o resto de España. Os fondos de investimento reclaman a ficha bancaria.
Obama esfórzase por acadar o apoio dos republicanos ao seu plan para atacar Siria, pero segundo The Washington Post as posicións, tanto entre os republicanos coma entre os demócratas, están divididas e con moitas persoas indecisas.
Están activos sete incendios en Curtis, Laxe, Ponteceso, Ferrol, Cortegada, Cualedro, Padrenda e Pereiro de Aguiar. O máis grave semella ser o que afecta a Laxe, que xa leva queimadas máis de 80 hectáreas.
Slavoj Žižek escribe nun artigo que publica hoxe The Guardian que Edward Snowden, Chelsea Manning e Julian Assange son "os nosos novos heroes". O filósofo salienta a importancia das filtracións e pide un organismo internacional que as protexa.