El Confidencial dá conta das dificultades que atopa NGB para vender Evo Bank, a súa marca para o resto de España. Os fondos de investimento reclaman a ficha bancaria.
Fálase
Obama esfórzase por acadar o apoio dos republicanos ao seu plan para atacar Siria, pero segundo The Washington Post as posicións, tanto entre os republicanos coma entre os demócratas, están divididas e con moitas persoas indecisas.
Están activos sete incendios en Curtis, Laxe, Ponteceso, Ferrol, Cortegada, Cualedro, Padrenda e Pereiro de Aguiar. O máis grave semella ser o que afecta a Laxe, que xa leva queimadas máis de 80 hectáreas.
Slavoj Žižek escribe nun artigo que publica hoxe The Guardian que Edward Snowden, Chelsea Manning e Julian Assange son "os nosos novos heroes". O filósofo salienta a importancia das filtracións e pide un organismo internacional que as protexa.
O deputado de ERC Joan Tardá entrégalle ao ministro de Exteriores, García Margallo, unha camisola da Vía Catalana, a cadea humana que o vindeiro 11 de setembro reclamará a independencia de Catalunya. Recólleo El Diario
A Comisión Europea insta os estados membros a preservar "a memoria dos crimes cometidos polos réximes totalitarios". Responde así a unha pregunta formulada por BNG, PNV, CiU e ICV, a respecto da participación da delegada do Goberno central en Catalunya nunha homenaxe á franquista División Azul. Cóntao Infolibre
A Xunta espera que "en semanas" se concrete a construción dos floteis de Pemex. O conselleiro de Economía lembra que o compromiso da petroleira mexicana segue "vixente".
Rajoy négase a dar unha rolda de prensa conxunta co presidente de Bolivia, Evo Morales, no marco da súa visita oficial. O mandatario boliviano citarase coa prensa nun hotel de Madrid. En El Diario
Atopan na Cova Eirós (Triacastela) restos do León das Cavernas, algo moi pouco frecuente do noroeste da Península. Os investigadores tamén acharon un bo número de ferramentas líticas.
PP e PSdeG alíanse na xunta de portavoces para impedir a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego para afondar nas causas do accidente de Angrois. Votan en contra da proposta, realizada conxuntamente por AGE e BNG.