A Comisión Europea insta os estados membros a preservar "a memoria dos crimes cometidos polos réximes totalitarios". Responde así a unha pregunta formulada por BNG, PNV, CiU e ICV, a respecto da participación da delegada do Goberno central en Catalunya nunha homenaxe á franquista División Azul. Cóntao Infolibre
Fálase
A Xunta espera que "en semanas" se concrete a construción dos floteis de Pemex. O conselleiro de Economía lembra que o compromiso da petroleira mexicana segue "vixente".
Rajoy négase a dar unha rolda de prensa conxunta co presidente de Bolivia, Evo Morales, no marco da súa visita oficial. O mandatario boliviano citarase coa prensa nun hotel de Madrid. En El Diario
Atopan na Cova Eirós (Triacastela) restos do León das Cavernas, algo moi pouco frecuente do noroeste da Península. Os investigadores tamén acharon un bo número de ferramentas líticas.
PP e PSdeG alíanse na xunta de portavoces para impedir a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego para afondar nas causas do accidente de Angrois. Votan en contra da proposta, realizada conxuntamente por AGE e BNG.
A presidenta da Deputación de Guadalajara, Ana Guarinos (PP), rexeita reprobar un membro do seu goberno que fixo o saúdo fascista no Valle de los Caídos. Segundo a conservadora, a II República "levounos á Guerra Civil".
O incendio que afecta a Boiro e Lousame dende o xoves xa queimou máis de 450 hectáreas, segundo a Xunta, que o dá por controlado. Medio Rural sinala que permanece activo un lume en Laxe, cunhas 20 hectáreas de superficie.
Israel recoñece ter realizado esta mañá un ensaio con misís no Mediterráneo, como foi denunciado por Rusia a primeira hora. Moscova ameaza con "pechar o espazo aéreo dende o Mar Vermello até Turquía", para evitar un ataque a Siria.
Un incendio na Facultade de Historia da Universidade de Santiago remata cun despacho queimado e un profesor hospitalizado. Segundo sinala o profesor Lourenzo Fernández Prieto "non saltou a alarma". O pasado maio, un desprendimento na biblioteca obrigou a pechar este mesmo centro.
O ministro de Economía, Luis de Guindos, afirma na Cadena Ser que España "tocou fondo" e sinala que descenso do número de desempregados en 31 persoas "son datos esperanzadores".