Israel recoñece ter realizado esta mañá un ensaio con misís no Mediterráneo, como foi denunciado por Rusia a primeira hora. Moscova ameaza con "pechar o espazo aéreo dende o Mar Vermello até Turquía", para evitar un ataque a Siria.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5225bbb1af63c-1813d591e74227622a3dbfba1bdda187_verybig.jpg)
Israel recoñece ter realizado esta mañá un ensaio con misís no Mediterráneo, como foi denunciado por Rusia a primeira hora. Moscova ameaza con "pechar o espazo aéreo dende o Mar Vermello até Turquía", para evitar un ataque a Siria.
Un incendio na Facultade de Historia da Universidade de Santiago remata cun despacho queimado e un profesor hospitalizado. Segundo sinala o profesor Lourenzo Fernández Prieto "non saltou a alarma". O pasado maio, un desprendimento na biblioteca obrigou a pechar este mesmo centro.
O ministro de Economía, Luis de Guindos, afirma na Cadena Ser que España "tocou fondo" e sinala que descenso do número de desempregados en 31 persoas "son datos esperanzadores".
De Guindos confirma que Novagalicia venderase en outubro e asegura que "hai interese de bancos españois e investidores estranxeiros", segundo dixo nunha entrevista na Cadena Ser.
A Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural completará este sábado a última etapa do camiño de Compostela a Fisterra que veñen realizando nas últimas semanas. Ao chegar á Praia do Sardiñeiro farase unha botadura simbólica das barquiñas Mimadriña en defensa do ensino público e despois continuarán até o faro, onde se lerá o manifesto.
O paro rexistrado en agosto en España baixa en 31 persoas, até as 4.698.783 persoas. En Galicia o desemprego cae en 3.578 persoas. É o mellor mes de agosto nos últimos 10 anos, pero a afiliación á seguridade social caeu en 99.069 persoas e en total hai 568.290 afiliados menos que hai un ano
Alberto Núñez Feijoo, entrevistado este luns en V Televisión, sinala que Galicia non creará emprego en 2014 e descartou novas rebaixas dos soldos dos empregados públicos.
O Goberno propón unha reforma das pensións que non garante o mantemento do seu poder adquisitivo. A nova fórmula permitirá que a partir de 2014 as pensións crezan por debaixo do IPC se o sistema ten perdas.
ACNUR denuncia que o número dos refuxiados sirios chega xa aos dous millóns, e está colapsando as organizacións humanitarias dos países limítrofes. O 52% dos refuxiados son nenos de 17 anos ou menos
Ás 20.30 están convocadas concentracións en protesta contra a ameaza de intervención militar contra Siria en Pontevedra (Praza da Peregrina), A Coruña (Praza de Ourense) e Compostela (Praza do Toural)