Alberto Núñez Feijoo, entrevistado este luns en V Televisión, sinala que Galicia non creará emprego en 2014 e descartou novas rebaixas dos soldos dos empregados públicos.
Fálase
O Goberno propón unha reforma das pensións que non garante o mantemento do seu poder adquisitivo. A nova fórmula permitirá que a partir de 2014 as pensións crezan por debaixo do IPC se o sistema ten perdas.
ACNUR denuncia que o número dos refuxiados sirios chega xa aos dous millóns, e está colapsando as organizacións humanitarias dos países limítrofes. O 52% dos refuxiados son nenos de 17 anos ou menos
Ás 20.30 están convocadas concentracións en protesta contra a ameaza de intervención militar contra Siria en Pontevedra (Praza da Peregrina), A Coruña (Praza de Ourense) e Compostela (Praza do Toural)
O Goberno propón que as pensións non se revaloricen co IPC, senón cun índice novo, segundo adianta a ministra de Traballo, Fátima Báñez.
Novagalicia recibiu case 9.000 millóns dos 61.366 de axudas públicas á banca española, segundo os datos do Banco de España.
Fianzas de 1.200 millóns para o ex presidente de Pescanova e outros nove directivos da compañía. Fernández de Sousa deberá depositar case 180 millóns.
Facenda revela transferencias bancarias do rei Juan Carlos a Urdangarin e a infanta Cristina. Os pagos oscilan entre os 600.000 e os 1,2 millóns de euros.
Cospedal adianta datos do paro e asegura que será "o mellor agosto desde 2000". A secretaria xeral do PP difunde información que se fará oficial mañá martes.
O ministro Ruiz-Gallardón asegura que en outubro o Consello de Ministros aprobará a contrarreforma da Lei do Aborto, que restrinxirá o dereito á interrupción voluntaria do embarazo. O titular de Xustiza tamén reduce o caso Bárcenas a unha "distracción" da oposición. Nunha entrevista en RNE.