A Casa Real non aclara se o rei ten accións en empresas españolas que representa no exterior. Zarzuela négase a desvelar esta información a pesar de solicitar a súa inclusión na futura Lei de Transparencia
Fálase
O Congreso de Brasil aproba acabar co segredo do voto dos deputados. Están convocadas manifestacións este 7 de setembro que reclamarán, entre outras, esta medida.
El Confidencial dá conta das dificultades que atopa NGB para vender Evo Bank, a súa marca para o resto de España. Os fondos de investimento reclaman a ficha bancaria.
Obama esfórzase por acadar o apoio dos republicanos ao seu plan para atacar Siria, pero segundo The Washington Post as posicións, tanto entre os republicanos coma entre os demócratas, están divididas e con moitas persoas indecisas.
Están activos sete incendios en Curtis, Laxe, Ponteceso, Ferrol, Cortegada, Cualedro, Padrenda e Pereiro de Aguiar. O máis grave semella ser o que afecta a Laxe, que xa leva queimadas máis de 80 hectáreas.
Slavoj Žižek escribe nun artigo que publica hoxe The Guardian que Edward Snowden, Chelsea Manning e Julian Assange son "os nosos novos heroes". O filósofo salienta a importancia das filtracións e pide un organismo internacional que as protexa.
O deputado de ERC Joan Tardá entrégalle ao ministro de Exteriores, García Margallo, unha camisola da Vía Catalana, a cadea humana que o vindeiro 11 de setembro reclamará a independencia de Catalunya. Recólleo El Diario
A Comisión Europea insta os estados membros a preservar "a memoria dos crimes cometidos polos réximes totalitarios". Responde así a unha pregunta formulada por BNG, PNV, CiU e ICV, a respecto da participación da delegada do Goberno central en Catalunya nunha homenaxe á franquista División Azul. Cóntao Infolibre
A Xunta espera que "en semanas" se concrete a construción dos floteis de Pemex. O conselleiro de Economía lembra que o compromiso da petroleira mexicana segue "vixente".
Rajoy négase a dar unha rolda de prensa conxunta co presidente de Bolivia, Evo Morales, no marco da súa visita oficial. O mandatario boliviano citarase coa prensa nun hotel de Madrid. En El Diario