As enquisas a pé de urna apuntan a unha vitoria da CDU en Renania do Norte-Westfalia, un dos principais feudos históricos do SPD, o que pode prexudicar as opcións de Schulz no camiño ás eleccións de setembro
Fálase
Uxía Senlle, Ramón Villares; os humoristas Xosé Touriñán e Marcos Pereiro; a escritora Concha Blanco e a Fundación Barrié recibiron este domingo os Premios Bos e Xenerosos 2017, organizados pola Fundación Eduardo Pondal coa colaboración da Consellería de Cultura
Europol advirte de que o ciberataque iniciado o venres continuará este luns. Hai xa 200.000 afectados en 150 países polo software malicioso
Centos de persoas participaron na Coruña na manifestación convocada pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo en defensa do dragado e da limpeza integral da ría, co obxectivo de que volva ser unha fonte de emprego e riqueza
La Voz de Galicia publica sondaxe de intención de voto nas sete cidades galegas, prevendo un descenso xeralizado do PSdeG-PSOE en case todas as urbes, ascensos notables das mareas, crecemento do BNG e resultados dispares para o PP, que sobe en varios lugares, pero cae en Vigo ou Lugo. Consulta aquí os resultados.
Renania do Norte-Westfalia celebra eleccións este domingo. Os resultados serán clave no camiño cara aos comicios xerais de setembro. Este land, o máis grande de Alemaña (18 millóns de habitantes) é un feudo histórico do SPD, e unha derrota reduciría as opcións de Martin Schulz de superar a Angela Merkel
"A venda dos peiraos non pode hipotecar o interese xeral da Coruña", destaca La Opinión nun editorial. O texto sinala que "o colosal endebedamento" da Autoridade Portuaria "precisa solucións, pero non poden pasar só por hipotecar o potencial turístico e de goce que a fachada marítima posúe para todos os coruñeses, arruinándoos cunha edificación masiva"
Unicamente o 42% dos e das estudantes cobra polas prácticas en empresas, segundo unha enquisa da Comisión Europea, e deles só o 30% di que a súa retribución lle permite manterse, destaca InfoLibre, que sinala que as prácticas non remuneradas son a norma en institucións públicas.
Portugal celebra a vitoria de Salvador Sobral no Festival de Eurovisión. É a primeira vez que o país luso gaña o certame e fíxoo con record de puntos
Máis dun milleiro de persoas participaron este sábado en Ribadavia nunha manifestación para reclamar a concesión de axudas directas para paliar as perdas xeradas no sector vitícola polas xeadas de finais de abril. O 23 de maio estáconvocada outra protesta, desta volta en Ourense.